martes, 2 de diciembre de 2025

CAMPAÑA NON AS FAGAS INVISIBLES, AFINA A MIRADA- CONCELLO DAS PONTES

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación do concello das Pontes  proporcionounos  as seguintes actividades pertencentes á campaña non as fagas invisibles, afina a mirada:

1.    Actividade Punto Violeta: 

Instalamos un Punto Violenta no centro, en horario de atención continuado durante toda a xornada escolar. É un  espazo de información, sensibilización e atención ante situacións de violencias machistas que contou ademais con dúas profesionais especializadas na materia que fixeron acompañamento e atención psicolóxica en caso de que algunha persoa se achegara a contar experiencias propias ou coñecidas, situacións de violencia.

2.  Obradoiro: A revolución está servida 

Trátase dun obradoiro dinámico e participativo, baseado nun xogo por equipos no que se mesturan dedución, memoria, rol e azar, co obxectivo de promover a reflexión crítica sobre os estereotipos de xénero, os prexuízos e as violencias machistas quese reproducen na vida cotiá.

A través dunha sesión única de 50 minutos, o alumnado de 2º da ESO experimenta unha aprendizaxe significativa mediante o xogo e a cooperación, adquirindo coñecementos e actitudes clave para recoñecer, analizar e previr as desigualdades de xénero.

O obradoiro, impartido por unha psicóloga, propón unha aproximación lúdica e reflexiva, na que o alumnado participa activamente en diferentes desafíos agrupados en seis categorías: Real ou Fake?, Ábrese o telón!, Quen sabe, sabe!, Teño arte nas veas!, Rebobina! e A sorte chiscoume un ollo!.

Cada categoría aborda, desde diferentes enfoques e formatos, cuestións relacionadas coa igualdade, a diversidade, o consentimento, os micromachismos, a linguaxe e o bo trato, favorecendo unha comprensión integral e contextualizada das violencias de xénero.

3- Conversa: Se eu tamén, ti tamén. Todo por non falalo: 

O alumnado de 3º e 4º ESO participou no auditorio Alovi das Pontes nun taller impartido polo psicólogo e sexólogo social Jesús Moreno Pizarro, especializado en metodoloxías participativas, igualdade de xénero e masculinidades. Os nosos nenos e nenas participaron nunha conversa na que, a través de dinámicas interactivas, exploraron a relación entre a socialización de xénero, o consumo de pornografía e a maneira en que se constrúen as relacións interpersoais na adolescencia. A sesión promoveu a reflexión crítica sobre estes temas e presentou a sexualidade igualitaria como un modelo desexable e enriquecedor para o conxunto das persoas participantes.


Fermosa e interesante iniciativa proposta pola Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, do Concello das Pontes no marco da campaña conmemorativa do 25N, Non as fagas invisibles. afina a mirada.


Os obxectivos da actividade foron:

 • Plantexar os modelos de socialización diferenciada en relación cos modelos de sexualidade            hexemónicos. 
• Visibilizar as desigualdades existentes en temáticas vinculadas coa sexualidade.
 • Expor unha serie de ferramentas útiles para a mocidade e o profesorado. 
• Propoñer un espazo lúdico, distendido e participativo que favoreza a interiorización dos conceptos traballados. 



viernes, 28 de noviembre de 2025

ACTIVIDADES NO MARCO DA CONMEMORACIÓN DO 25N

CONCURSO DE CARTEIS 25N 

Nas dúas últimas semanas de novembro, o Departamento de EPVA, xunto co Equipo de Biblioteca, convocou no noso IES un concurso de cartelería fronte á violencia de xénero, con motivo da conmemoración do 25N. O alumnado elaborou cadanseus carteis para seren expostos posteriormente na biblioteca do centro, que acolleu tamén alí o Punto Violeta do Concello das Pontes, onde o alumnado se puido informar sobre diferentes cuestións en relación con esta temática e onde tamén realizou obradoiros da man de dúas psicólogas expertas na materia.


       



As premiadas no certame de carteis recibiron sendos diplomas acreditativos e vales para a cafetería do IES. Ademais, grazas ás ferramentas do noso Polo Creativo, tamén puideron desfrutar dun novidoso premio: un chaveiro co símbolo feminista e o logo do noso IES.




 

OBRADOIRO ELABORACIÓN MANIFIESTO FEMINISTA

A semana do 25 de novembro, o equipo de biblioteca organizou un pequeno taller para redactar un manifesto feminista que se lería no acto reivindicativo convocado polo centro o 25 de novembro, antes do recreo. 

Neste obradoiro participaron 3 rapazas de 2º ESO que tiñan moi claras as súas denuncias: fronte á violencia contra a muller, por unha infancia digna sen necesidade de mudar a vida por completo coa chegada da adolescencia, coa axuda dos seus compañeiros rapaces e a favor dun reconto real das vítimas, falecidas e non. Tamén abriron espazo de reflexión sobre o uso e impacto que as redes teñen entre a rapazada en relación con temáticas como o desprestixio e minorización das figuras femininas, nun tempo no que semellaba que iso debería de estar xa superado, pois os e as adolescentes de hoxe en día teñen un maior acceso á información que noutras épocas, pero son espectadores de escándalos en materia de violencia de xénero nos círculos das personalidades que teñen como referentes. 

No manifiesto quixeron deixar claro que á violencia hai que facerlle fronte actuando como unha sociedade unida e rompendo a polarización que semella apoderarse do noso mundo actual, unha cuestión que as preocupa. Tamén reivindicaron liberdade para saír sen medo á rúa e para seguiren sendo as nenas que non queren deixar de ser: un berro de solidariedade e mans tendidas cara ao consenso, a axuda e o coidado mutuo.


                                  



ACTIVACIÓN ALARMA DE INCENDIOS

No 25N có fin de que salieran todos os membros da comunidade educativa fora do centro activamos a alarma de incendios, e limos o manifiesto facendo referencia a que hai que actuar ante a primeira sinal de alarma.



lunes, 17 de noviembre de 2025

CONVERSA: SE EU TAMÉN, TI TAMÉN, TODO POR NON FALALO

Violencia de xénero e relación persoais

O xoves 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º ESO participou no auditorio Alovi das Pontes nun taller impartido polo psicólogo e sexólogo social Jesús Moreno Pizarro, especializado en metodoloxías participativas, igualdade de xénero e masculinidades.

Os nosos nenos e nenas participaron nunha conversa na que, a través de dinámicas interactivas, exploraron a relación entre a socialización de xénero, o consumo de pornografía e a maneira en que se constrúen as relacións interpersoais na adolescencia. A sesión promoveu a reflexión crítica sobre estes temas e presentou a sexualidade igualitaria como un modelo desexable e enriquecedor para o conxunto das persoas participantes.

Fermosa e interesante iniciativa proposta pola Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, do Concello das Pontes no marco da campaña conmemorativa do 25N, Non as fagas invisibles. afina a mirada.


Os obxectivos da actividade foron:

 • Plantexar os modelos de socialización diferenciada en relación cos modelos de sexualidade            hexemónicos. 
• Visibilizar as desigualdades existentes en temáticas vinculadas coa sexualidade.
 • Expor unha serie de ferramentas útiles para a mocidade e o profesorado. 
• Propoñer un espazo lúdico, distendido e participativo que favoreza a interiorización dos conceptos traballados. 

miércoles, 25 de junio de 2025

VISITA Á EXPOSICIÓN ELAS

No marco deste Plan Proxecta a prol da igualdade, tamén realizamos algunha saída didáctica. Nunha delas, o alumnado de 2º ESO achegouse á cidade de Lugo para visitar a exposición ELAS, ubicada no Vello Cárcere. Trátase dunha exposición permanente coordinada pola investigadora da USC Aurora Marco na que diferentes artistas luguesas homenaxean a mulleres galegas que destacaron no mundo das artes en diferentes eidos. O alumnado tivo a oportunidade de coñecer esta obra que pon en valor a figura da muller artista a través da pintura, creando un espazo para honralas no corazón da cidade.


ESPECTÁCULO TEATRAL DIDÁCTICO: MOZAS NAS REDES

 No marco do Programa Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade contamos no noso IES cun espectáculo teatral didáctico enfocado cara aos mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que agroman no contexto das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).

Mozas nas Redes afondou na realidade que agocha detrás o uso das novas tecnoloxías para capacitar á rapazada de ferramentas de detección dos posibles conflitos. Na súa representación, Estíbaliz Veiga navega na dramaturxia de Bernardino Martínez, baixo a dirección de Xosé Leis, presentando un espectáculo unipersoal onde se expoñen os camiños e fases do grooming. Tomando como partida esta conduta delituosa de acosos en redes sociais, a actriz incorpora unha sucesión de situacións onde diferentes rapazas foron caendo nas teas de araña de acosadores na rede. Unha sucesión de episodios onde a actriz muda de personaxe, representando a trama de cada unha das acosadas.


PROGRAMA QUE NON TE LÍEN. TI ELIXES



A iniciativa Que non te líen. Ti elixes chegou ao noso IES para ofrecer unha orientación laboral que fuxa de prexuízos de xénero e permita ás mulleres escoller libremente a formación profesional, sen valoracións baseadas en preconceptos sociais errados que adoitan afectar as súas decisións laborais. 

Ao longo de varias sesións, compartiron co noso alumnado opinións e informacións poñendo como centro a presenza da muller en sectores como o metalúrxico, tradicionalmente masculino; e achegando á rapazada a realidade actual: cada vez máis mulleres se incorporan a estas ofertas formativas e laborais, aínda que seguen sendo minoría. É por iso que traballaron arredor dos estereotipos de xénero, as condicións laborais e a representación feminina e o coñecemento de nomes nestes sectores. 




jueves, 12 de junio de 2025

EXPOSICIÓN EXPRESS-ARTE


Tamén neste curso 2024/25 contamos no IES con exposicións temáticas. Unha delas foi a chamada Express-Arte, que nos fixo reflexionar, a través da arte fotográfica, sobre a temática principal deste blog e unha das nosas principais liñas de traballo: a violencia contra as mulleres.  






viernes, 30 de mayo de 2025

CHARLA-OBRADOIRO SOBRE A VIOLENCIA MACHISTA NAS RELACIÓNS DE PARELLA NA MOCIDADE

O alumnado de 3º e 4º ESO tivo a oportunidade de gozar dun obradoiro sobre as relacións de parella e como as configuramos xa desde a mocidade. Nesta actividade revisaron aquilo que lles chama a atención e que procuran nunha parella e reflexionaron sobre os límites que adoitan establecer nestes contextos para desenvolver relacións sas e igualitarias. Ademais, analizaron algúns dos mitos do amor romántico e dos programas de televisión que os perpetúan, para rematar facer un coloquio, por grupos, arredor de cuestións en relación con esta temática.






lunes, 28 de abril de 2025

PROGRAMA EDUCATIVO: O MACHISMO É VIOLENCIA. CON TODAS AS LETRAS

A Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia presentou no noso IES o programa pioneiro O machismo é violencia. Con todas as letras, unha intervención con testemuñas reais que deixou á comunidade educativas do Castro da Uz impactada. 

Nestas sesións contamos tamén coa perspectiva da masculinidade, amais de que Esther Buela e "Expo" nos contaran as súas experiencias reais, o que supuxo un pasiño máis alá na sensibilización do noso alumnado contra a lacra da Violencia de Xénero. 






martes, 8 de abril de 2025

OBRADOIROS DE SEGURIDADE E DEFENSA PERSOAL FEMININA

Entre os días 1 e 2 de abril desenvolvimos con gran acollida uns obradoiros de Seguridade e Defensa Persoal Feminina nos que participaron todo os grupos de ESO. Foron impartidos por Jose Cope e a Escola de Defensa Persoal HKF no pavillón polideportivo.

Baixo o lema: Nun mundo onde a seguridade persoal es una prioridade, aprender a protexerse e unha necesidade

Jose Cope, Guerry, Joan e Jose Luis Padín, ofreceron aos nosos nenos e nenas as ferramentas necesarias para reaccionar ante calquera ameaza de maneira eficaz e segura.

Seguiremos traballando xuntos por unha sociedade mais segura!



martes, 25 de marzo de 2025

ACTIVIDADES DO 8M

Para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, os docentes do IES Castro da Uz elaboraron algunhas actividades baseadas nos contidos das súas materias. Un exemplo foi o do alumnado de latín, que se achegou a diferentes mitos sobre o rapto nas culturas romana e gregas, coma o de Perséfone ou as Sabinas, entre outros. A través deles reflexionaron sobre o papel da muller na mitoloxía e elaboraron cartelería en defensa dun sector feminino que leva sendo minorizado desde os comezos da historia, empregado como trofeo ou moeda de cambio. Deixamos dous exemplos de carteis creados en reivindicación do 8M: 




lunes, 17 de marzo de 2025

BIBLIOTECA FEMINISTA PARA O 8M

 A biblioteca do IES Castro da Uz vestiuse de lila para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. O alumnado desfrutou neste espazo de exposicións con diferentes puntos violetas dedicados a mulleres que loitaron polos dereitos, recomendacións de libros con esta temática, biografías históricas, música e cancións con mensaxes feministas e outros materiais audiovisuais en reivindicación da muller nos diferentes ámbitos. 



lunes, 10 de febrero de 2025

CICLO DE OBRADOIROS DO PROGRAMA ESPAZO EN FAMILIA



Ao longo deste curso, o concello das Pontes ofreceu ao centros educativos da contorna a oportunidade de gozar dun ciclo de obradoiros do programa Espazo en familia. Esta iniciativa estivo coordinada por Sofía Fernández e Tania Pardo e nela participaron os nosos nenos e nenas da ESO e da FP Básica. 

As sesións foron impartidas por Anabel e Yesica Bouza, que nos achegaron diversas informacións arredor das temáticas escollidas. Entre elas, destacamos algunhas de interese para este Proxecta, como foron as de Educación Afectiva. Quérome. Quérote, as de Pornografía Destrutiva ou aqueloutras sobre Violencia Sexual Dixital, todas elas ben proveitosas para o desenvolvemento social e afectivo do noso alumnado, en plena etapa adolescente e que precisa de ferramentas para desenvolverse neste contexto. 






jueves, 30 de enero de 2025

OBRADOIROS DE SEXUALIDADE CON JANE COSTA

 Para pechar o percorrido polas actividades desenvoltas polas comunidade educativa do IESP Castro da Uz ao longo do ano académico 2024/25, deixámosvos coas imaxes dos obradoiros que, ao longo deste curso, desenvolveu a sexóloga Jane Costa en diferentes intervencións co noso alumnado.