miércoles, 18 de mayo de 2022

OBRADOIRO SEXUALIDADE

Neste curso realizamos uns OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes  obxectivos:

  •  Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.
  • Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.
  • Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. 

Foi todo un éxito!!



lunes, 9 de mayo de 2022

OBRADOIRO MÚSICA E IGUALDADE: "LAS ANTONIAS"

No noso centro celebramos o Obradoiro “MÚSICA E IGUALDADE” levado a cabo polo grupo musical “LAS ANTONIAS”  que está enmarcado no Plan de Igualdade co que estamos comprometidos.

Estivo dirixido ao alumnado de ESO, FPB e CICLOS e tiña como obxectivo reflexionar sobre o machismo inmerso nas letras das cancións ao longo da historia

O obradoiro tivo lugar ao longo de tres sesións.

O primeiro día, estudiamos algunhas letras de cancións de diferentes épocas.

Na segunda xornada, elaboramos estrofas dunha canción por grupos con temáticas diversas e sempre respectuosas.

Por último, chegou o día do gran concerto, no que puidemos gozar con Las Antonias, tanto coas súas cancións como coas nosas propias creacións.



Deixámosvos unha pequena mostra do estupendo concerto!