lunes, 4 de mayo de 2026

ESPECTÁCULO TEATRAL DIDÁCTICO: MOZAS NAS REDES

 

O martes 28 de abril, o alumnado de 1º e 2º ESO do noso IES desfrutou da representación de Mozas nas redes, de Estíbaliz Veiga, un espectáculo que combinou música, escenografía e reflexións sobre diferentes situacións que as rapazas poden vivir ao longo da vida e, en especial, na adolescencia, debido aos seus contactos e experiencias a través das redes sociais.

Detectamos así casuísticas de illamento, conflitos familiares e no círculo máis próximo, abusos e violencia que moitas veces mesmo normalizamos e realmente debemos de rexeitar e frear entre todos e todas. Porque os perigos das redes son moitos e, nunha sociedade na que o feminismo aínda pide paso, aínda máis! 

miércoles, 15 de abril de 2026

PARTICIPAMOS NO PROGRAMA: QUE NON TE LÍEN. TI ELIXES

 

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, pretendía ofrecer unha orientación laboral que fuxa dos prexuízos de xénero e permita escoller libremente sen valoracións baseadas en concepcións sociais erróneas que afectan, en especial, ás mulleres, á hora de escoller a súa formación profesional.

O ....13 de abril estiveron con nós personal de de FEARMAGA (            )para compartir co noso alumnado experiencias centrandose na presenza de mulleres no sector metalúrxico, tradicionalmente masculino, achegando á rapazada a realidade actual: cada vez máis mulleres se incorporan a este sector, se ben seguen sendo minoría. É por iso que traballaron arredor dos estereotipos de xénero, as condicións laborais e a representación feminina e o coñecemento de nomes nestes sectores.

 

miércoles, 1 de abril de 2026

CHARLA- COLOQUIO: MULLERES QUE LIDERAN: REFERENTES QUE INSPIRAN FUTURO




O alumnado e profesorado feminino de FPB e Ciclos Formativos asistiu a este interesante chrala- coloquio organizada pola Asociación de Empresarios SEARA das Pontes.



O Centro de Empresas SEARA acogió el pasado mes de marzo la jornada “Mujeres que lideran: referentes que inspiran futuro”, un encuentro organizado con motivo del Día Internacional de la Mujer que reunió a empresarias, directivas y emprendedoras de la comarca en torno al liderazgo y la gestión empresarial.

El coloquio contó con la participación de tres profesionales con destacadas trayectorias en sectores clave de la economía:

  • Carla Chawla Fidalgo, Managing Director en Navantia Seanergies
  • Raquel Lago, CEO en Equipos Lago SA
  • Isabel Portela, responsable de Recursos Humanos en Galicia de Arriva Spain

Durante la jornada, las ponentes compartieron su experiencia profesional, abordando el recorrido que las llevó a ocupar puestos de responsabilidad, así como los principales retos a los que se enfrentan actualmente las empresas.

El coloquio puso el foco en cuestiones clave como la captación y gestión del talento, la evolución del mercado laboral, las competencias necesarias para liderar en entornos cada vez más exigentes y el impacto de la digitalización y los avances tecnológicos en la organización empresarial.

Asimismo, se generó un interesante diálogo en torno al futuro del liderazgo y las oportunidades para las nuevas generaciones, destacando la importancia de seguir construyendo entornos profesionales que favorezcan el desarrollo del talento y el acceso a puestos de responsabilidad.







 

viernes, 20 de marzo de 2026

CICLO DE OBRADOIROS DO PROGRAMA ESPAZO EN FAMILIA

 

Contamos neste curso de novo, cos obradoiros de intervención pedagóxica dirixida aos centros educativos da contorna. Trátase dun programa de Atención Socioeducativa proposto pola Concellería de Bienestar Social do Concello das Pontes. 

Unha excelente iniciativa coordinada por Sofía Fernández e Tania Pardo na que participaron os nosos nenos e nenas de ESO e FP Básica. As sesións foron impartidas por Anabel e Yésica Bouza, e as temáticas elixidas foron:

-En 2º de ESO eliximos a temática Libre de Etiquetas co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a identidade persoal, os roles de xénero e a diversidade sexual e afectiva, promovendo o respecto, a empatía e a liberdade de ser sen prexuizos nin estereotipos. 

- En 4º de ESO elilximos a temática Consentimento e relacións afectivas que tentaba educar no desenvolvemento de relacións afectivas e sexuais basadas no respecto mutuo, o consentimento, a comunicación e o autocuidado, axudando a detectar sinais de relacións tóxicas ou desiguais.


 

fotos y poner lo de los demas cursos d











miércoles, 11 de marzo de 2026

CHARLA: A DITADURA É UN SEÑOR CON BIGOTE

 No marco das actividades do 8M, o luns 9 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiu á charla: “A ditadura é un señor con bigote” impartida por Montse Fajardo e pertencente ao Proxecto da Deputación da Coruña Premio Luisa Villalta 2025. Ditos premios outórganse a proxectos que teñen perspectiva de xénero e inclúen charlas nos institutos que explican como a ditadura franquista lexislou para controlar a independencia das mulleres( sexualidade, traballo, ensino...)


  FOTO

lunes, 9 de marzo de 2026

TALLER AS FEMINISTAS DAN A CHAPA!

Baixo o lema de As feministas damos a chapa! o departamento de Xeografía e Historia organizou un taller de creación de chapas polo 8M no corredor principal do instituto ao longo da xornada do venres, 6 de marzo, no que participou toda a comunidade educativa. O obxectivo baseábase en elaborar lemas e deseños para reivindicar o rol da muller nos diferentes ámbitos dunha maneira lúdica e que invitara ao alumnado á reflexión a través da diversión. 

Unha actividade con moi boa acollida e que agardamos repetir en vindeiros cursos! Grazas a toda a comunidade pola implicación neste obradoiro! 




jueves, 29 de enero de 2026

EXPOSICIÓN CARTAS DE AMOR

Nestes días tivemos no noso centro, no marco do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade, a exposición “Cartas de amor”. Unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.

Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.