lunes, 24 de mayo de 2021

FALADOIROS CON MULLERES CTEM

Desde o Concello das Pontes, no marco da campaña “Unha EXPERIENCIA de COIDADO. Correspóndeche escoller a túa”, convidáronnos a participar na actividade “Faladoiros con mulleres CTEM”. Tratóuse dunha actividade en modalidade online coa que espertar a curiosidade das mozas e mozas (especialmente das primeiras) polo modelo CTEM e polas distintas carreiras relacionadas. A presenza de mulleres nos eidos das Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés) é cada vez maior. Se ben é certo que sempre estiveron presentes nestes campos, tamén é certo que sempre estiveron invisibilizadas. 

Faladoiros con mulleres CTEM” tivo a finalidade de impulsar a visibilización de referentes femininos do presente en ámbitos relacionados co campo CTEM, entre o alumnado de 3º e 4º da ESO en xeral, e entre as alumnas en particular, xa que se atopan nunha etapa crucial na que teñen que escoller a rama de estudo que marcará a súa futura formación. Ademais, coa actividade, buscamos contribuír a rachar cos prexuízos, estereotipos e roles de xénero impostos socialmente, xa que teñen un gran peso á hora de escoller rama de coñecemento entre as mozas e os mozos.

Deste xeito, noso centro participou en dúas accións complementarias:

• UNHA PRIMEIRA coa que coñecer a percepción do alumnado e os seus prexuízos e estereotipos sobre o xénero e as disciplinas CTEM;

• UNHA SEGUNDA consistente en 3 faladoiros con mulleres CTEM.

      MARISA CASTRO

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é hoxe unha das maiores especialistas en micoloxía e botánica da Galiza. Descubriu sete novas especies, das que lle foron dedicadas dúas.Ten diversos artigos, libros e guías publicadas.



GRACIELA PAZ

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou a súa carreira nvestigadora no Departamento de Botánica desta universidade, sendo pioneira na investigación en liques en Galicia.


MARÍA DE LA FUENTE

Investigadora pontesa, é licenciada en Farmacia e Doutorada en Tecnoloxía Farmacéutica e Nanomedicina, traballou como investigadora en centros de recoñecida reputación en España e no estranxeiro. Centra a súa actividade no desenvolvemento de novas terapias e métodos de diagnóstico para cáncer e outras enfermidades.