viernes, 20 de marzo de 2026

CICLO DE OBRADOIROS DO PROGRAMA ESPAZO EN FAMILIA

 

Contamos neste curso de novo, cos obradoiros de intervención pedagóxica dirixida aos centros educativos da contorna. Trátase dun programa de Atención Socioeducativa proposto pola Concellería de Bienestar Social do Concello das Pontes. 

Unha excelente iniciativa coordinada por Sofía Fernández e Tania Pardo na que participaron os nosos nenos e nenas de ESO e FP Básica. As sesións foron impartidas por Anabel e Yésica Bouza, e as temáticas elixidas foron:

-En 2º de ESO eliximos a temática Libre de Etiquetas co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a identidade persoal, os roles de xénero e a diversidade sexual e afectiva, promovendo o respecto, a empatía e a liberdade de ser sen prexuizos nin estereotipos. 

- En 4º de ESO elilximos a temática Consentimento e relacións afectivas que tentaba educar no desenvolvemento de relacións afectivas e sexuais basadas no respecto mutuo, o consentimento, a comunicación e o autocuidado, axudando a detectar sinais de relacións tóxicas ou desiguais.


 

fotos y poner lo de los demas cursos d











miércoles, 11 de marzo de 2026

CHARLA: A DITADURA É UN SEÑOR CON BIGOTE

 No marco das actividades do 8M, o luns 9 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de ESO, asistiu á charla: “A ditadura é un señor con bigote” impartida por Montse Fajardo e pertencente ao Proxecto da Deputación da Coruña Premio Luisa Villalta 2025. Ditos premios outórganse a proxectos que teñen perspectiva de xénero e inclúen charlas nos institutos que explican como a ditadura franquista lexislou para controlar a independencia das mulleres( sexualidade, traballo, ensino...)


  FOTO

lunes, 9 de marzo de 2026

TALLER AS FEMINISTAS DAN A CHAPA!

Baixo o lema de As feministas damos a chapa! o departamento de Xeografía e Historia organizou un taller de creación de chapas polo 8M no corredor principal do instituto ao longo da xornada do venres, 6 de marzo, no que participou toda a comunidade educativa. O obxectivo baseábase en elaborar lemas e deseños para reivindicar o rol da muller nos diferentes ámbitos dunha maneira lúdica e que invitara ao alumnado á reflexión a través da diversión. 

Unha actividade con moi boa acollida e que agardamos repetir en vindeiros cursos! Grazas a toda a comunidade pola implicación neste obradoiro!