martes, 17 de diciembre de 2019

Novas adquisicións para a Biblioteca


Deixámosvos aquí unha listaxe coas novas adquisicións para a Biblioteca con contidos relacionados coa igualdade de xénero.

Concurso de fotografía Castro da Uz 2020

Dende o 15 de novembro ao 30 de novembro podes presentar as túas fotografías a este concurso. As mellores serán seleccionadas para o calendario de 2020 que publicará o instituto. Ademais poderás conseguir premios aínda por concretar.
Anímate, podes presentar dúas fotografias!! 
A temática das fotografías será: "IGUALDADE". Poden ser fotos reais ou montaxes, en cor ou branco e negro, preferiblemente en formato apaisado, e valorarase a orixinalidade e a promoción da igualdade. Podes ver máis abaixo os requisitos das fotografías a presentar.
O concurso está aberto a alumnado, profesorado e PND.

VEREDICTO DO XURADO
Os xurados (un composto por dúas profesoras e dous profesores para elixir as mellores fotos de alumnos/as e outro formado por dous alumnos/as para elixir as mellores fotos de profesores/PND) acordaron o seguinte:
1º Posto - Fotos de Alumnos/as: Victor M. Pellón  3º ESO - Equality

2º Posto- Fotos de Alumnos/as: María Permuy  2º ESO – Sempre un

3º Posto- Fotos de Alumnos/as: Clase 1º ESO  - A balanza da Igualdade.

1º posto - Fotos de Profesores/PND: Ana Belén Veloso Rodríguez- A vaca a repartir

2º posto - Fotos de Profesores/PND: M. José Naveira Bouza - Xogando entre iguais


IX Maratón de Cine

IX MARATÓN DE CINE.  “ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS”
O xoves 28 de novembro, os argalleiros e argalleiras das letras participaron na IX edición do Maratón de Cine no que se proxectaron entre outras,  películas con contidos relacionados coa Igualdade de xénero como , Figuras Ocultas,  Ex-Machina ou Custodia Compartida.
De novo, tivemos o pracer de contar cunha representación do alumnado do club de lectura  “Lecturas e andanzas” do IES Muralla Romana de Lugo que compartiron con nós non só a ledicia do reencontro, senón tamén pizzas, colchonetas e os comentarios que se achegaban as películas elixidas.

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

25 Novembro. Día Internacional contra a violencia de xénero


Un ano máis volvemos manifestar incondicionalmente o noso apoio ao “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”.

Para a conmemoración deste día o noso alumnado participou en diferentes actividades:

  • Elaboración dun lazo humano no pavillón polideportivo.
  • Lectura polo alumno de 3º de ESO Victor M. Pellón, dun poema do autor Carlos Negro.
  • Concurso de cancións coa letra modificada para adaptala á temática do día. Agradecemos a colaboración e implicación de Anpa Ronsel que agasallou as mellores.



Aquí tedes o noso lazo humano...











Victor M. Pellón, lendo un poema de Carlos Negro.







Concurso de cancións con letras feministas modificadas.



lunes, 16 de diciembre de 2019

Obra de teatro: Elisa e Marcela

Comezamos ben forte!!!


Todo o alumnado de ESO e FP Básica asistiu no cine Alovi das Pontes  á obra de teatro “ELISA E MARCELA”. Foi representada pola compañía  A Panadaría, e conta a historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres.
Esta actividade, está enmarcada dentro do programa da promoción da Igualdade entre nenos e nenas que xestiona ABRENTE e  Anpa RONSEL en colaboración coa Xunta de Galiza.


Plan de Igualdade

Plan de Igualdade IES Castro da Uz


Este Plan de Igualdade ofrecerá pautas para a promoción da igualdade de xénero, a coeducación e a prevención da violencia de xénero nos centros educativos, incorporando de forma integrada e transversal a perspectiva de xénero en todas as actuacións do centro. Establece medidas e actuacións concretas para continuar profundizando, dende unha perspectiva de xénero, nos Plans de centro, nos materiais e no currículo; na aprendizaxe, a formación e a implicación de toda a comunidade educativa; na promoción de accións de prevención da violencia de xénero.


Elixir un Logo para Igualdade