domingo, 8 de marzo de 2020

Teatro: "Chola a it girl"


Seguimos a realizar actividades que nos recordan que estamos na semana do 8M.

O noso alumnado asistiu á representación da obra ‹‹CHOLA, A IT GIRL›, que tivo lugar no cine Alovi das Pontes. A protagonista, interpretada por Laura Villaverde, de ArtesaCía, é una blogueira youtuber do rural galego 100% ecolóxica, que explica como converterse nunha it girl rectificada en dez sinxelos pasos.

A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.
Foi unha obra moi divertida e que non nos deixou indiferentes.







Gymnkana da Igualdade

Aínda que durante todo o ano está moi presente o traballo en prol da Igualdade de xénero, esta semana temos organizadas varias actividades vencelladas ao 8M "Día da Muller".

Unha desas actividades é a Gymnkana pola Igualdade nas tarefas do fogar, idea xurdida da man de Abrente e ANPA Ronsel. 

Sendo conscientes da importancia que ten un reparto equitativo das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, e preocupados por ofrecer ao noso alumnado unha educación que lle permita unha participación e desenvolvemento pleno en condicións de igualdade, lograron motivar e implicar aos nenos e nenas de ESO e FP Básica que participaron.

Vexámolos en acción...