miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 25 de Novembro. 

Educar hoxe en Igualdade , é a garantía de convivir mañá sen prexuicios.

NON máis violencia 

A violencia de xénero segue a ser noticia a pesar de que a pandemia ocupa case todo o tempo nos medios de comunicación.


É un problema que debemos traballar dende a infancia e que afecta a todos e todas, adultos, mocidade, infancia.

Dende o Club de Lectura estivemos a reflexionar sobre o que implica, o que nos suxire, os sentimentos que nos provoca, o que temos que facer para avanzar cara a unha sociedade libre de violencia.

Aquí tedes unha mostra destas reflexións en forma de pegadas.






viernes, 13 de noviembre de 2020

"MATRIOSKAS"

Comezamos con forza este curso 2020-2021 tan particular.

A pandemia non nos pode paralizar!!! Tan só nos obriga a andar máis a modiño e con precaución.

O pasado día 9 de novembro, o noso alumnado de ESO e FP Básica puido gozar da obra de teatro MATRIOSKAS, dirixida por Brais Gutiérrez e producida pola cooperativa galega de artistas Charlatana.

A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

No espectáculo puidemos ver dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

Todas feitas da mesma madeira. Todas vestidas de cores. Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre. Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte.

A dúas voces, a narradora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira uniron verbas e cancións para crear un espectáculo de teatro musical que fixo que as emocións dos nenos e nenas aflorasen e viaxasen a través das súas historias.

Aquí podedes ver unha pequena mostra da obra: https://www.youtube.com/watch?v=Xd_-Smoe6Eo

Moitísimas grazas!!!!!







domingo, 8 de marzo de 2020

Teatro: "Chola a it girl"


Seguimos a realizar actividades que nos recordan que estamos na semana do 8M.

O noso alumnado asistiu á representación da obra ‹‹CHOLA, A IT GIRL›, que tivo lugar no cine Alovi das Pontes. A protagonista, interpretada por Laura Villaverde, de ArtesaCía, é una blogueira youtuber do rural galego 100% ecolóxica, que explica como converterse nunha it girl rectificada en dez sinxelos pasos.

A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.
Foi unha obra moi divertida e que non nos deixou indiferentes.







Gymnkana da Igualdade

Aínda que durante todo o ano está moi presente o traballo en prol da Igualdade de xénero, esta semana temos organizadas varias actividades vencelladas ao 8M "Día da Muller".

Unha desas actividades é a Gymnkana pola Igualdade nas tarefas do fogar, idea xurdida da man de Abrente e ANPA Ronsel. 

Sendo conscientes da importancia que ten un reparto equitativo das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, e preocupados por ofrecer ao noso alumnado unha educación que lle permita unha participación e desenvolvemento pleno en condicións de igualdade, lograron motivar e implicar aos nenos e nenas de ESO e FP Básica que participaron.

Vexámolos en acción...





viernes, 28 de febrero de 2020

Mediación


Un grupo de alumnado de ESO e FP Básica ofrecémonos voluntariamente para recibir formación sobre mediación, que ten como obxectivo axudar a que as propias partes implicadas nun conflito (alumnado e profesorado, alumnado e centro, alumnado entre sí), acorden unha solución a ese conflito, tentando previr ademais problemas nun futuro.

Para formarnos e adquirir extratexias de comunicación e competencias socioemocionais que nos axuden nesta labor, contamos coa  axuda de Alicce, que ao longo de seis luns, nos vai guiar nesta aprendizaxe.


Ademais, dende o centro habilitaron un espazo para que poidamos reunirnos e poñer en marcha esta iniciativa.

Xa vos iremos contando máis cousas, pero estamos ilusionadas e ilusionados, pensando en poder realizar unha labor digna e eficiente.



Día Internacional da muller e da nena na Ciencia 2020


O martes  11 de febreiro, conmemorouse o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.  Ao longo de toda a semana  participamos en actividades que axudan a:
- Visibilizar o traballo das científicas
- Crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería
- Promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.


Da man de Elena, profe de Física e Química, fixemos un bo traballo de investigación e descubrimos que unha gran cantidade de mulleres foron pioneiras no mundo da ciencia, atopando importantes referentes femininos.


Presentámosvos algúns exemplos das mulleres que descubrimos esta semana e que foron fundamentais na ciencia ao longo da historia







Finalmente todo este traballo quedou reflectido nunhas tarxetas que utilizamos para decorar e personalizar as nosas “taquillas”. Aquí tedes unha mostra do resultado:











Día escolar da NON violencia e a Paz

O 30 de xaneiro celebramos no noso centro o DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Ao longo das semanas previas a este día o noso alumnado deseñou as súas propias camisetas con orixinais ideas relacionadas coa temática da paz.






Despois lucímolas mentras cantabamos a canción Imagine de John  Lennon, animando a imaxinar un mundo en paz e sen barreiras.






Anpa Ronsel agasallou a todo o alumnado cun bocata para o almorzo.