viernes, 10 de diciembre de 2021

OBRADOIRO SOBRE DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL-CIBERDELITOS

O concello das Pontes ofreceunos a posibilidade de participar nun Obradoiro realmente interesante da man de Mª Jesús Bóo Montes de Red Talento Consultoras.



A poñente proporcionounos información actualizada e novidosa sobre DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL e CIBERDELITOS DE NATUREZA SEXUAL. Xerou un interesante debate sobre como na actualidade non concibimos a vida sen internet, pero a rede non ten portas e os delitos tamén se adaptaron a tecnoloxía.


O ciberespazo pode ser perigoso e aclarounos termos como: Sexting, Stalking, Grooming, Ciberbullyng, Happy Slapping....



 Moi recomendábel!!

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Castro da Uz tínguese de negro e morado e di NON á Violencia de Xénero.

Toda a comunidade educativa concentrouse no pavillón e dous nenos e dúas nenas leron POEMAS de diferentes autoras entre as que se atopaba Xela Arias.



Ademais unha representación do alumnado de 4º de ESO participou no encontro que tivo lugar no concello e no que se rexeitaba de novo esta lacra da nosa sociedade.


Todo o alumnado de ESO foi agasallado polo concello das Pontes cunha fermosa cunca reivindicativa. 

Grazas pola vosa implicación!!


  Loita Pola Igualdade.

                                POEMAS ELEXIDOS 25N 2021

O primeiro golpe é o que máis doe,

o que sinala e debilita,

o que marca o epicentro

e orixina as fendas.

                                    Mª Carmen Caramés Gorgal, Dos días escuros (Xerais, 2015)

      -------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                        Non me gustaban de nena os peluches

e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.

Non me deteño a cociñar e na química das quimeras

rocei un xeito de delincuencia xuvenil.

Un xénero feminino algo a desmán

das narracións para o ano en que nacín.

   Xela Arias, Darío a diario (1996)

      ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                                                Del XIX al XXI

Estoy tejiendo para mi nieta alas de amor infinito.

Mi abuela creció sin madre y no la enseñaron a leer para evitar cartas con pretendientes.

Mi madre lloró; no la dejaron acabar magisterio porque sus hermanos varones no querían estudiar y una mujer no podía ser más.

Mi hermana y yo somos universitarias.

Mi hija quiere ir a Marte.

Mi nieta aún no existe, pero yo sigo tejiendo para ella alas sin fronteras.

Mª José García Pérez

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

VIDE

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a terver ti a ti desde ti en ti.

Xela Arias. Intempériome (2003)

martes, 9 de noviembre de 2021

SENSIBILIZACIÓN SOBRE ESTEREOTIPOS

Comezamos un novo curso (2021-2022)  marcado de novo pola pandemia, e no noso centro seguemos apostando, traballando e loitando cada día pola IGUALDADE de Xénero.

O noso alumnado de FP BÁSICA e de 3º de ESO asistiu a un Obradoiro de Igualdade organizado pola coordinadora de ANPAS das Pontes, Abrente, coa temática de “Sensibilización sobre estereotipos”.  

Resultou moi produtivo!! 






lunes, 24 de mayo de 2021

FALADOIROS CON MULLERES CTEM

Desde o Concello das Pontes, no marco da campaña “Unha EXPERIENCIA de COIDADO. Correspóndeche escoller a túa”, convidáronnos a participar na actividade “Faladoiros con mulleres CTEM”. Tratóuse dunha actividade en modalidade online coa que espertar a curiosidade das mozas e mozas (especialmente das primeiras) polo modelo CTEM e polas distintas carreiras relacionadas. A presenza de mulleres nos eidos das Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés) é cada vez maior. Se ben é certo que sempre estiveron presentes nestes campos, tamén é certo que sempre estiveron invisibilizadas. 

Faladoiros con mulleres CTEM” tivo a finalidade de impulsar a visibilización de referentes femininos do presente en ámbitos relacionados co campo CTEM, entre o alumnado de 3º e 4º da ESO en xeral, e entre as alumnas en particular, xa que se atopan nunha etapa crucial na que teñen que escoller a rama de estudo que marcará a súa futura formación. Ademais, coa actividade, buscamos contribuír a rachar cos prexuízos, estereotipos e roles de xénero impostos socialmente, xa que teñen un gran peso á hora de escoller rama de coñecemento entre as mozas e os mozos.

Deste xeito, noso centro participou en dúas accións complementarias:

• UNHA PRIMEIRA coa que coñecer a percepción do alumnado e os seus prexuízos e estereotipos sobre o xénero e as disciplinas CTEM;

• UNHA SEGUNDA consistente en 3 faladoiros con mulleres CTEM.

      MARISA CASTRO

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é hoxe unha das maiores especialistas en micoloxía e botánica da Galiza. Descubriu sete novas especies, das que lle foron dedicadas dúas.Ten diversos artigos, libros e guías publicadas.



GRACIELA PAZ

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou a súa carreira nvestigadora no Departamento de Botánica desta universidade, sendo pioneira na investigación en liques en Galicia.


MARÍA DE LA FUENTE

Investigadora pontesa, é licenciada en Farmacia e Doutorada en Tecnoloxía Farmacéutica e Nanomedicina, traballou como investigadora en centros de recoñecida reputación en España e no estranxeiro. Centra a súa actividade no desenvolvemento de novas terapias e métodos de diagnóstico para cáncer e outras enfermidades.




domingo, 14 de marzo de 2021

"CONTAMOS TODAS"

 Na semana da muller, o noso alumnado de ESO e FP Básica asistiu a obra de teatro “CONTAMOS TODASda cooperativa galega de artistas CHARLATANA. Trátase dun espectáculo e un obradoiro á vez.




A actividade enmárcase dentro das programadas e subvencionadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

Comezaron con dous contos, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións e como conseguiron empoderarse. Historias reais, sinceras e inspiradoras.

Por un lado, mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta. E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación….

A través de dinámicas activas e participativas, animaron a todo o alumnado a participar e opinar, coa voz e co corpo, para finalmente improvisar unha escena sobre a que reflexionar e que xurdira das súas propias opinións.

 

jueves, 11 de marzo de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER -8M

Polo día internacional da muller no noso centro fixemos diferentes actividades ao longo de toda a semana nas que conmemorabamos a loita das mulleres pola igualdade:

1- O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vén de desenvolver un innovador proxecto, no que mestura arte, investigación e multimedia, todo iso aderezado coa sensibilidade das nosas e dos nosos artistas.

O resultado son estas espectaculares obras, nas que retrataron e pintaron catro persoas escollidas en votación polo alumnado e que representan ámbitos moi diferentes, que por suposto, están protexidas con máscaras imprescindibles en tempos de pandemia.

As elixidas foron catro mulleres: Rosalía de Castro, Malala, Frida Kahlo e A rapaza da Perla.

Cada cadro conta cun código QR que permite acceder a un vídeo explicativo do proceso creativo, así como información sobre a persoa retratada.



Na seguinte ligazón podedes comprobrar o proceso de realización destas fermosas obras resumido nun divertido vídeo



Na seguinte ligazón podedes ver o noso alumnado de FP Básica de Informática na TVG. Cóntannos de novo o seu proxecto innovador que mestura arte, investigación e multimedia co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller. Bo traballo!!!

O vídeo comeza no minuto 18:00 do programa, e a intervención do alumnado está rexistrada entre o minuto 18:40 e o 22:35.

2- A profe de Plástica, Beatriz Caamaño, propuxo ao alumnado unha fermosa actividade que consistiu en escoller unha muller á que admirasen (nais, avoas, amigas, irmás, actrices, doutoras, etc..) e xunto coa súa foto indicar por que a admiraban. Na aula usaron varias técnicas como por exemplo o collage para darlle un toque máis artístico e o resultado foi fantástico!!

Contamos cunha bonita homenaxe a todas esas grandes mulleres que nos rodean e podemos ver estas orixinais obras enmarcadas nos corredores do noso centro.





miércoles, 17 de febrero de 2021

11 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia"

        


Este ano non poderemos contar coa visita presencial dunha muller científica no noso centro, pero imos dar visibilidade a este día realizando actividades como a proxección do seguinte VÍDEO





Podedes tamén ler cousas interesantes sobre mulleres de ciencia na web mujeresconciencia


Quizáis vos apeteza xogar coas cartas de científicas que vos propoñemos...

Ligazón xogo cartas de mulleres científicas

As regras do xogo podedes atopalas na seguinte ligazón


Outra páxina moi interesante na que atopar xogos, artigos, documentais...


MUJERES EN LA CIENCIA








30 de Xaneiro. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 O venres día 30 de xaneiro, as actividades semanais programadas para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ,  remataron cunhas fotos grupais con luvas brancas mostrando o noso rexeitamento a toda forma de Violencia.


























ACTIVIDADES SEMANAIS PARA CONMEMORAR DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 Ao longo da última semana de xaneiro o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, propuxo unha serie de actividades para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ. Coa colaboración e aportacións de membros de varios departamentos, o alumnado de ESO, FP Básica e Dual, elaborou orixinais grúas da Paz realizadas mediante papiroflexia


Con elas e co Muro da Paz onde o alumnado puido deixar o seu manifesto, decoramos o noso vestíbulo.







  

Historia grúas de origami como elemento conmemorativo do Día da Non Violencia