jueves, 11 de marzo de 2021

DIA INTERNACIONAL DA MULLER -8M

Polo día internacional da muller no noso centro fixemos diferentes actividades ao longo de toda a semana nas que conmemorabamos a loita das mulleres pola igualdade:

1- O alumnado de FP Básica de Informática de Oficina do IES Plurilingüe Castro da Uz das Pontes, vén de desenvolver un innovador proxecto, no que mestura arte, investigación e multimedia, todo iso aderezado coa sensibilidade das nosas e dos nosos artistas.

O resultado son estas espectaculares obras, nas que retrataron e pintaron catro persoas escollidas en votación polo alumnado e que representan ámbitos moi diferentes, que por suposto, están protexidas con máscaras imprescindibles en tempos de pandemia.

As elixidas foron catro mulleres: Rosalía de Castro, Malala, Frida Kahlo e A rapaza da Perla.

Cada cadro conta cun código QR que permite acceder a un vídeo explicativo do proceso creativo, así como información sobre a persoa retratada.



Na seguinte ligazón podedes comprobrar o proceso de realización destas fermosas obras resumido nun divertido vídeo



Na seguinte ligazón podedes ver o noso alumnado de FP Básica de Informática na TVG. Cóntannos de novo o seu proxecto innovador que mestura arte, investigación e multimedia co fin de conmemorar o Día Internacional da Muller. Bo traballo!!!

O vídeo comeza no minuto 18:00 do programa, e a intervención do alumnado está rexistrada entre o minuto 18:40 e o 22:35.

2- A profe de Plástica, Beatriz Caamaño, propuxo ao alumnado unha fermosa actividade que consistiu en escoller unha muller á que admirasen (nais, avoas, amigas, irmás, actrices, doutoras, etc..) e xunto coa súa foto indicar por que a admiraban. Na aula usaron varias técnicas como por exemplo o collage para darlle un toque máis artístico e o resultado foi fantástico!!

Contamos cunha bonita homenaxe a todas esas grandes mulleres que nos rodean e podemos ver estas orixinais obras enmarcadas nos corredores do noso centro.





No hay comentarios:

Publicar un comentario