O concello das Pontes ofreceunos a posibilidade de participar nun Obradoiro realmente interesante da man de Mª Jesús Bóo Montes de Red Talento Consultoras.
A poñente proporcionounos información actualizada e novidosa sobre DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL e CIBERDELITOS DE NATUREZA SEXUAL. Xerou un interesante debate sobre como na actualidade non concibimos a vida sen internet, pero a rede non ten portas e os delitos tamén se adaptaron a tecnoloxía.
O ciberespazo pode ser perigoso e aclarounos termos como: Sexting, Stalking, Grooming, Ciberbullyng, Happy Slapping....
Moi recomendábel!!