martes, 20 de diciembre de 2022

Recomendacións no uso dunha lingüaxe inclusiva

"Ao nomear o mundo en masculino e en feminino non só actuamos cunha maior equidade ao incluír sen exclusións uns e outras no escenario das palabras, senón tamén cunha maior exactitude e corrección, ao non ser posible designar ese mundo sen aludir á diferencia sexual entre homes e mulleres"

Plan de Igualdade do IES Plurilingüe Castro da Uz

O Plan de Igualdade foi pensado inicialmente a dous anos vista, pero dado que a pandemia interrompeu algunhas das actuacións previstas, decidimos reformalo e amplialo a catro anos, polo que está deseñado para o periodo 2019 a 2022.


PLAN DE IGUALDADE

miércoles, 14 de diciembre de 2022

CONCURSO CARTACES 25 N

A Concellería de Igualdade do Concello de As Pontes convocou o I Concurso de Cartaces con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N.

O obxecto da convocatoria foi sensibilizar á cidadanía na loita contra a violencia de xénero, instándoa a que non miren cara outro lado, desenvolvendo actitudes comprometidas na loita contra a violencia machista. 

Os gañadores do concurso foron Teo Coeollo e Carlos Alvariño de 3º de ESO e recibiron das mans de Tania Pardo, Concelleira da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude  e Maca Rego, directora do CIM o seu merecido premio por este estupendo cartaz.

O xurado emocionouse ao descobrir que o cartaz elexido como gañador foi deseñado por dous nenos con NEE.

Destacamos o papel fundametal de María Galdo, coidadora dos nenos que co seu esforzo e dedicación consegue a integración e inclusión sexa posible.

 


lunes, 28 de noviembre de 2022

EXPOSICIÓN: CARTAS DE AMOR

No marco das actividades do 25N, varios grupos do noso alumnado gozaron coa exposición de cadros Cartas de Amor que o concello das Pontes depositou no IES Moncho Valcarce para ser visitada por toda a comunidade educativa da contorna.

 

Trátase dunha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala o Javier Olivares. A exposición pretende sensibilizar á xuventude sobre a existencia de violencia nas súas formas de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.



miércoles, 18 de mayo de 2022

OBRADOIRO SEXUALIDADE

Neste curso realizamos uns OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes  obxectivos:

  •  Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.
  • Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.
  • Inclusión e respecto á diversidade sexual, social e cultural.

Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións. 

Foi todo un éxito!!



lunes, 9 de mayo de 2022

OBRADOIRO MÚSICA E IGUALDADE: "LAS ANTONIAS"

No noso centro celebramos o Obradoiro “MÚSICA E IGUALDADE” levado a cabo polo grupo musical “LAS ANTONIAS”  que está enmarcado no Plan de Igualdade co que estamos comprometidos.

Estivo dirixido ao alumnado de ESO, FPB e CICLOS e tiña como obxectivo reflexionar sobre o machismo inmerso nas letras das cancións ao longo da historia

O obradoiro tivo lugar ao longo de tres sesións.

O primeiro día, estudiamos algunhas letras de cancións de diferentes épocas.

Na segunda xornada, elaboramos estrofas dunha canción por grupos con temáticas diversas e sempre respectuosas.

Por último, chegou o día do gran concerto, no que puidemos gozar con Las Antonias, tanto coas súas cancións como coas nosas propias creacións.



Deixámosvos unha pequena mostra do estupendo concerto!




miércoles, 9 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO

Esta semana contamos no vestíbulo do noso centro cunha exposición itinerante pertencente á campaña EXXPERIMENTA EN FEMININO proposta pola Universidade de Vigo. Está enmarcada dentro das actividades que temos programadas en relación co 8M, Día da Muller.

Con ela podemos coñecer a interesante vida e historia de mulleres que adicaron a súa vida á investigación e a ciencia.  

O obxectivo fundamental da exposición é divulgativo e de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). A exposición xurde da convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.  




viernes, 4 de marzo de 2022

OBRA DE TEATRO: "AS QUE LIMPAN"

O noso alumnado de 2º de ESO asistiu no teatro Alovi das Pontes á obra de teatro/comedia “AS QUE LIMPAN” da compañía A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.

As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

Este espectáculo que se desenvolve no marco das actividades relacionadas co 8M fai plantexarnos preguntas como: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quén limpa a casa da limpadora?

As que limpan non fala só das traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.  

                           





Grazas ao Concello das Pontes por propoñer e subvencionar esta actividade tan interesante!!

lunes, 21 de febrero de 2022

OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO: "HAI SAÍDA GRAZAS A TI"

O alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro e debate sobre Violencia de Xénero "Hai Saída Grazas a Ti” impartido por Elsa Rodríguez Prieto e proposto e financiado polo Concello das Pontes.



Resultou ser un taller moi necesario e produtivo. 


sábado, 12 de febrero de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No día INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, o noso  alumnado da materia de Física e Química de 4° de ESO asistiu a un evento on line: ¡Fotónica en 5 minutos! 


Nesta charla interactiva Organizada por IFCO, 4 científicas contaron de maneira atractiva e inspiradora, porqué a fotónica é importante tanto no mundo da investigación como para a sociedade.



viernes, 28 de enero de 2022

CHARLA PLAN DIRECTOR- VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 1º e 2º de FP Básica (Informática de Oficina e Automoción), asistiu a unha charla sobre VIOLENCIA DE XÉNERO impartida pola Garda Civil enmarcada dentro do Plan Director para a mellora da seguridade nos Centros Escolares.