miércoles, 9 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO

Esta semana contamos no vestíbulo do noso centro cunha exposición itinerante pertencente á campaña EXXPERIMENTA EN FEMININO proposta pola Universidade de Vigo. Está enmarcada dentro das actividades que temos programadas en relación co 8M, Día da Muller.

Con ela podemos coñecer a interesante vida e historia de mulleres que adicaron a súa vida á investigación e a ciencia.  

O obxectivo fundamental da exposición é divulgativo e de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). A exposición xurde da convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.  




viernes, 4 de marzo de 2022

OBRA DE TEATRO: "AS QUE LIMPAN"

O noso alumnado de 2º de ESO asistiu no teatro Alovi das Pontes á obra de teatro/comedia “AS QUE LIMPAN” da compañía A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.

As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

Este espectáculo que se desenvolve no marco das actividades relacionadas co 8M fai plantexarnos preguntas como: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quén limpa a casa da limpadora?

As que limpan non fala só das traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.  

                           





Grazas ao Concello das Pontes por propoñer e subvencionar esta actividade tan interesante!!