jueves, 29 de enero de 2026

EXPOSICIÓN CARTAS DE AMOR

Nestes días tivemos no noso centro, no marco do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade, a exposición “Cartas de amor”. Unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero, con debuxos de autores de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, José Luís Méndez, Jack Mircala, Javier Olivares, David Pintor, Pirusca, Primitivo, Sonia Pulido, Paco Roca, Sergi San Julián, Eva Vázquez, Óscar Villán e Anxos Sumai.

Esta exposición ten por obxectivo sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar ás e aos adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e, polo tanto, tamén a eliminala.