viernes, 28 de noviembre de 2025

ACTIVIDADES NO MARCO DA CONMEMORACIÓN DO 25N

CONCURSO DE CARTEIS 25N 

Nas dúas últimas semanas de novembro, o Departamento de EPVA, xunto co Equipo de Biblioteca, convocou no noso IES un concurso de cartelería fronte á violencia de xénero, con motivo da conmemoración do 25N. O alumnado elaborou cadanseus carteis para seren expostos posteriormente na biblioteca do centro, que acolleu tamén alí o Punto Violeta do Concello das Pontes, onde o alumnado se puido informar sobre diferentes cuestións en relación con esta temática e onde tamén realizou obradoiros da man de dúas psicólogas expertas na materia.


       



As premiadas no certame de carteis recibiron sendos diplomas acreditativos e vales para a cafetería do IES. Ademais, grazas ás ferramentas do noso Polo Creativo, tamén puideron desfrutar dun novidoso premio: un chaveiro co símbolo feminista e o logo do noso IES.




 

OBRADOIRO ELABORACIÓN MANIFIESTO FEMINISTA

A semana do 25 de novembro, o equipo de biblioteca organizou un pequeno taller para redactar un manifesto feminista que se lería no acto reivindicativo convocado polo centro o 25 de novembro, antes do recreo. 

Neste obradoiro participaron 3 rapazas de 2º ESO que tiñan moi claras as súas denuncias: fronte á violencia contra a muller, por unha infancia digna sen necesidade de mudar a vida por completo coa chegada da adolescencia, coa axuda dos seus compañeiros rapaces e a favor dun reconto real das vítimas, falecidas e non. Tamén abriron espazo de reflexión sobre o uso e impacto que as redes teñen entre a rapazada en relación con temáticas como o desprestixio e minorización das figuras femininas, nun tempo no que semellaba que iso debería de estar xa superado, pois os e as adolescentes de hoxe en día teñen un maior acceso á información que noutras épocas, pero son espectadores de escándalos en materia de violencia de xénero nos círculos das personalidades que teñen como referentes. 

No manifiesto quixeron deixar claro que á violencia hai que facerlle fronte actuando como unha sociedade unida e rompendo a polarización que semella apoderarse do noso mundo actual, unha cuestión que as preocupa. Tamén reivindicaron liberdade para saír sen medo á rúa e para seguiren sendo as nenas que non queren deixar de ser: un berro de solidariedade e mans tendidas cara ao consenso, a axuda e o coidado mutuo.


                                  



ACTIVACIÓN ALARMA DE INCENDIOS

No 25N có fin de que salieran todos os membros da comunidade educativa fora do centro activamos a alarma de incendios, e limos o manifiesto facendo referencia a que hai que actuar ante a primeira sinal de alarma.



lunes, 17 de noviembre de 2025

CONVERSA: SE EU TAMÉN, TI TAMÉN, TODO POR NON FALALO

Violencia de xénero e relación persoais

O xoves 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º ESO participou no auditorio Alovi das Pontes nun taller impartido polo psicólogo e sexólogo social Jesús Moreno Pizarro, especializado en metodoloxías participativas, igualdade de xénero e masculinidades.

Os nosos nenos e nenas participaron nunha conversa na que, a través de dinámicas interactivas, exploraron a relación entre a socialización de xénero, o consumo de pornografía e a maneira en que se constrúen as relacións interpersoais na adolescencia. A sesión promoveu a reflexión crítica sobre estes temas e presentou a sexualidade igualitaria como un modelo desexable e enriquecedor para o conxunto das persoas participantes.

Fermosa e interesante iniciativa proposta pola Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, do Concello das Pontes no marco da campaña conmemorativa do 25N, Non as fagas invisibles. afina a mirada.


Os obxectivos da actividade foron:

 • Plantexar os modelos de socialización diferenciada en relación cos modelos de sexualidade            hexemónicos. 
• Visibilizar as desigualdades existentes en temáticas vinculadas coa sexualidade.
 • Expor unha serie de ferramentas útiles para a mocidade e o profesorado. 
• Propoñer un espazo lúdico, distendido e participativo que favoreza a interiorización dos conceptos traballados.