lunes, 17 de noviembre de 2025

CONVERSA: SE EU TAMÉN, TI TAMÉN, TODO POR NON FALALO

Violencia de xénero e relación persoais

O xoves 13 de novembro o alumnado de 3º e 4º ESO participou no auditorio Alovi das Pontes nun taller impartido polo psicólogo e sexólogo social Jesús Moreno Pizarro, especializado en metodoloxías participativas, igualdade de xénero e masculinidades.

Os nosos nenos e nenas participaron nunha conversa na que, a través de dinámicas interactivas, exploraron a relación entre a socialización de xénero, o consumo de pornografía e a maneira en que se constrúen as relacións interpersoais na adolescencia. A sesión promoveu a reflexión crítica sobre estes temas e presentou a sexualidade igualitaria como un modelo desexable e enriquecedor para o conxunto das persoas participantes.

Fermosa e interesante iniciativa proposta pola Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, do Concello das Pontes no marco da campaña conmemorativa do 25N, Non as fagas invisibles. afina a mirada.


Os obxectivos da actividade foron:

 • Plantexar os modelos de socialización diferenciada en relación cos modelos de sexualidade            hexemónicos. 
• Visibilizar as desigualdades existentes en temáticas vinculadas coa sexualidade.
 • Expor unha serie de ferramentas útiles para a mocidade e o profesorado. 
• Propoñer un espazo lúdico, distendido e participativo que favoreza a interiorización dos conceptos traballados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario