viernes, 4 de marzo de 2022

OBRA DE TEATRO: "AS QUE LIMPAN"

O noso alumnado de 2º de ESO asistiu no teatro Alovi das Pontes á obra de teatro/comedia “AS QUE LIMPAN” da compañía A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.

As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

Este espectáculo que se desenvolve no marco das actividades relacionadas co 8M fai plantexarnos preguntas como: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quén limpa a casa da limpadora?

As que limpan non fala só das traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.  

                           





Grazas ao Concello das Pontes por propoñer e subvencionar esta actividade tan interesante!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario