domingo, 14 de marzo de 2021

"CONTAMOS TODAS"

 Na semana da muller, o noso alumnado de ESO e FP Básica asistiu a obra de teatro “CONTAMOS TODASda cooperativa galega de artistas CHARLATANA. Trátase dun espectáculo e un obradoiro á vez.




A actividade enmárcase dentro das programadas e subvencionadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

Comezaron con dous contos, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións e como conseguiron empoderarse. Historias reais, sinceras e inspiradoras.

Por un lado, mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta. E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación….

A través de dinámicas activas e participativas, animaron a todo o alumnado a participar e opinar, coa voz e co corpo, para finalmente improvisar unha escena sobre a que reflexionar e que xurdira das súas propias opinións.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario