viernes, 13 de noviembre de 2020

"MATRIOSKAS"

Comezamos con forza este curso 2020-2021 tan particular.

A pandemia non nos pode paralizar!!! Tan só nos obriga a andar máis a modiño e con precaución.

O pasado día 9 de novembro, o noso alumnado de ESO e FP Básica puido gozar da obra de teatro MATRIOSKAS, dirixida por Brais Gutiérrez e producida pola cooperativa galega de artistas Charlatana.

A actividade enmárcase dentro das programadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

No espectáculo puidemos ver dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres.

Todas feitas da mesma madeira. Todas vestidas de cores. Todas elas, grandes e pequenas, con historias para contar e cos desexos agochados no ventre. Contos das nosas mulleres, historias de vida que foron pasando dunhas a outras nun fío invisible, coma os puntos que se soltan dun tecido, coma a onda do mar que, morrendo, se xunta coa seguinte.

A dúas voces, a narradora Marta Ortiz e a cantautora Sofía Espiñeira uniron verbas e cancións para crear un espectáculo de teatro musical que fixo que as emocións dos nenos e nenas aflorasen e viaxasen a través das súas historias.

Aquí podedes ver unha pequena mostra da obra: https://www.youtube.com/watch?v=Xd_-Smoe6Eo

Moitísimas grazas!!!!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario