Contamos neste curso de novo, cos obradoiros de intervención pedagóxica dirixida aos centros educativos da contorna. Trátase dun programa de Atención Socioeducativa proposto pola Concellería de Bienestar Social do Concello das Pontes.
Unha excelente iniciativa coordinada por Sofía Fernández e Tania Pardo na que participaron os nosos nenos e nenas de ESO e FP Básica. As sesións foron impartidas por Anabel e Yésica Bouza, e as temáticas elixidas foron:
-En 2º de ESO eliximos a temática Libre de Etiquetas co obxectivo de fomentar a reflexión sobre a identidade persoal, os roles de xénero e a diversidade sexual e afectiva, promovendo o respecto, a empatía e a liberdade de ser sen prexuizos nin estereotipos.
- En 4º de ESO elilximos a temática Consentimento e relacións afectivas que tentaba educar no desenvolvemento de relacións afectivas e sexuais basadas no respecto mutuo, o consentimento, a comunicación e o autocuidado, axudando a detectar sinais de relacións tóxicas ou desiguais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario