Mozas nas Redes afondou na realidade que agocha detrás o uso das novas tecnoloxías para capacitar á rapazada de ferramentas de detección dos posibles conflitos. Na súa representación, Estíbaliz Veiga navega na dramaturxia de Bernardino Martínez, baixo a dirección de Xosé Leis, presentando un espectáculo unipersoal onde se expoñen os camiños e fases do grooming. Tomando como partida esta conduta delituosa de acosos en redes sociais, a actriz incorpora unha sucesión de situacións onde diferentes rapazas foron caendo nas teas de araña de acosadores na rede. Unha sucesión de episodios onde a actriz muda de personaxe, representando a trama de cada unha das acosadas.
Benvid@s ao Blog de Igualdade do IES Plurilingue Castro da Uz. Con el pretendemos aumentar a sensibilidade e motivación por parte da comunidade educativa do centro cara os temas relacionados coa coeducación e a prevención de todo tipo de violencias hacia as mulleres, así como potenciar accións en materia de igualdade para poder visibilizar estereotipos sexistas.
miércoles, 25 de junio de 2025
ESPECTÁCULO TEATRAL DIDÁCTICO: MOZAS NAS REDES
No marco do Programa Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade contamos no noso IES cun espectáculo teatral didáctico enfocado cara aos mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que agroman no contexto das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario