miércoles, 9 de marzo de 2022

EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO

Esta semana contamos no vestíbulo do noso centro cunha exposición itinerante pertencente á campaña EXXPERIMENTA EN FEMININO proposta pola Universidade de Vigo. Está enmarcada dentro das actividades que temos programadas en relación co 8M, Día da Muller.

Con ela podemos coñecer a interesante vida e historia de mulleres que adicaron a súa vida á investigación e a ciencia.  

O obxectivo fundamental da exposición é divulgativo e de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). A exposición xurde da convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos femininos.  




viernes, 4 de marzo de 2022

OBRA DE TEATRO: "AS QUE LIMPAN"

O noso alumnado de 2º de ESO asistiu no teatro Alovi das Pontes á obra de teatro/comedia “AS QUE LIMPAN” da compañía A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.

As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

Este espectáculo que se desenvolve no marco das actividades relacionadas co 8M fai plantexarnos preguntas como: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quén limpa a casa da limpadora?

As que limpan non fala só das traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.  

                           





Grazas ao Concello das Pontes por propoñer e subvencionar esta actividade tan interesante!!

lunes, 21 de febrero de 2022

OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO: "HAI SAÍDA GRAZAS A TI"

O alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro e debate sobre Violencia de Xénero "Hai Saída Grazas a Ti” impartido por Elsa Rodríguez Prieto e proposto e financiado polo Concello das Pontes.



Resultou ser un taller moi necesario e produtivo. 


sábado, 12 de febrero de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

No día INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, o noso  alumnado da materia de Física e Química de 4° de ESO asistiu a un evento on line: ¡Fotónica en 5 minutos! 


Nesta charla interactiva Organizada por IFCO, 4 científicas contaron de maneira atractiva e inspiradora, porqué a fotónica é importante tanto no mundo da investigación como para a sociedade.



viernes, 28 de enero de 2022

CHARLA PLAN DIRECTOR- VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 1º e 2º de FP Básica (Informática de Oficina e Automoción), asistiu a unha charla sobre VIOLENCIA DE XÉNERO impartida pola Garda Civil enmarcada dentro do Plan Director para a mellora da seguridade nos Centros Escolares. 


viernes, 10 de diciembre de 2021

OBRADOIRO SOBRE DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL-CIBERDELITOS

O concello das Pontes ofreceunos a posibilidade de participar nun Obradoiro realmente interesante da man de Mª Jesús Bóo Montes de Red Talento Consultoras.



A poñente proporcionounos información actualizada e novidosa sobre DELITOS CONTRA A LIBERDADE SEXUAL e CIBERDELITOS DE NATUREZA SEXUAL. Xerou un interesante debate sobre como na actualidade non concibimos a vida sen internet, pero a rede non ten portas e os delitos tamén se adaptaron a tecnoloxía.


O ciberespazo pode ser perigoso e aclarounos termos como: Sexting, Stalking, Grooming, Ciberbullyng, Happy Slapping....



 Moi recomendábel!!

jueves, 25 de noviembre de 2021

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Castro da Uz tínguese de negro e morado e di NON á Violencia de Xénero.

Toda a comunidade educativa concentrouse no pavillón e dous nenos e dúas nenas leron POEMAS de diferentes autoras entre as que se atopaba Xela Arias.



Ademais unha representación do alumnado de 4º de ESO participou no encontro que tivo lugar no concello e no que se rexeitaba de novo esta lacra da nosa sociedade.


Todo o alumnado de ESO foi agasallado polo concello das Pontes cunha fermosa cunca reivindicativa. 

Grazas pola vosa implicación!!


  Loita Pola Igualdade.

                                POEMAS ELEXIDOS 25N 2021

O primeiro golpe é o que máis doe,

o que sinala e debilita,

o que marca o epicentro

e orixina as fendas.

                                    Mª Carmen Caramés Gorgal, Dos días escuros (Xerais, 2015)

      -------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                        Non me gustaban de nena os peluches

e lembran meus pais que non xoguei moito ás bonecas.

Non me deteño a cociñar e na química das quimeras

rocei un xeito de delincuencia xuvenil.

Un xénero feminino algo a desmán

das narracións para o ano en que nacín.

   Xela Arias, Darío a diario (1996)

      ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                                                Del XIX al XXI

Estoy tejiendo para mi nieta alas de amor infinito.

Mi abuela creció sin madre y no la enseñaron a leer para evitar cartas con pretendientes.

Mi madre lloró; no la dejaron acabar magisterio porque sus hermanos varones no querían estudiar y una mujer no podía ser más.

Mi hermana y yo somos universitarias.

Mi hija quiere ir a Marte.

Mi nieta aún no existe, pero yo sigo tejiendo para ella alas sin fronteras.

Mª José García Pérez

-----------------------------------------------------------------------------------------------------

VIDE

Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido

a vos ver.

Ven que te reto

a terver ti a ti desde ti en ti.

Xela Arias. Intempériome (2003)

martes, 9 de noviembre de 2021

SENSIBILIZACIÓN SOBRE ESTEREOTIPOS

Comezamos un novo curso (2021-2022)  marcado de novo pola pandemia, e no noso centro seguemos apostando, traballando e loitando cada día pola IGUALDADE de Xénero.

O noso alumnado de FP BÁSICA e de 3º de ESO asistiu a un Obradoiro de Igualdade organizado pola coordinadora de ANPAS das Pontes, Abrente, coa temática de “Sensibilización sobre estereotipos”.  

Resultou moi produtivo!! 






lunes, 24 de mayo de 2021

FALADOIROS CON MULLERES CTEM

Desde o Concello das Pontes, no marco da campaña “Unha EXPERIENCIA de COIDADO. Correspóndeche escoller a túa”, convidáronnos a participar na actividade “Faladoiros con mulleres CTEM”. Tratóuse dunha actividade en modalidade online coa que espertar a curiosidade das mozas e mozas (especialmente das primeiras) polo modelo CTEM e polas distintas carreiras relacionadas. A presenza de mulleres nos eidos das Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñarías e Matemáticas (STEM, nas súas siglas en inglés) é cada vez maior. Se ben é certo que sempre estiveron presentes nestes campos, tamén é certo que sempre estiveron invisibilizadas. 

“Faladoiros con mulleres CTEM” tivo a finalidade de impulsar a visibilización de referentes femininos do presente en ámbitos relacionados co campo CTEM, entre o alumnado de 3º e 4º da ESO en xeral, e entre as alumnas en particular, xa que se atopan nunha etapa crucial na que teñen que escoller a rama de estudo que marcará a súa futura formación. Ademais, coa actividade, buscamos contribuír a rachar cos prexuízos, estereotipos e roles de xénero impostos socialmente, xa que teñen un gran peso á hora de escoller rama de coñecemento entre as mozas e os mozos.

Deste xeito, noso centro participou en dúas accións complementarias:

• UNHA PRIMEIRA coa que coñecer a percepción do alumnado e os seus prexuízos e estereotipos sobre o xénero e as disciplinas CTEM;

• UNHA SEGUNDA consistente en 3 faladoiros con mulleres CTEM.

      MARISA CASTRO

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é hoxe unha das maiores especialistas en micoloxía e botánica da Galiza. Descubriu sete novas especies, das que lle foron dedicadas dúas.Ten diversos artigos, libros e guías publicadas.



GRACIELA PAZ

Licenciada e Doutorada en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), iniciou a súa carreira nvestigadora no Departamento de Botánica desta universidade, sendo pioneira na investigación en liques en Galicia.


MARÍA DE LA FUENTE

Investigadora pontesa, é licenciada en Farmacia e Doutorada en Tecnoloxía Farmacéutica e Nanomedicina, traballou como investigadora en centros de recoñecida reputación en España e no estranxeiro. Centra a súa actividade no desenvolvemento de novas terapias e métodos de diagnóstico para cáncer e outras enfermidades.




domingo, 14 de marzo de 2021

"CONTAMOS TODAS"

 Na semana da muller, o noso alumnado de ESO e FP Básica asistiu a obra de teatro “CONTAMOS TODAS” da cooperativa galega de artistas CHARLATANA. Trátase dun espectáculo e un obradoiro á vez.




A actividade enmárcase dentro das programadas e subvencionadas por ABRENTE e ANPA RONSEL para a promoción da igualdade entre mulleres e homes e para a prevención da violencia de xénero.

Comezaron con dous contos, exemplos de vida, de mulleres que se enfrontaron a diversas situacións e como conseguiron empoderarse. Historias reais, sinceras e inspiradoras.

Por un lado, mulleres galegas, maiores, nunha aldea, que decidiron xa de vellas aprender xuntas a andar en bicicleta. E por outro, as mulleres de Liberia que conseguiron deter a guerra civil e unir a cristiás e musulmás… e incluso que unha muller fose a primeira presidenta de África.

Contos para pensar, para ter exemplos de empoderamento, de rebeldía, de igualdade, de superación….

A través de dinámicas activas e participativas, animaron a todo o alumnado a participar e opinar, coa voz e co corpo, para finalmente improvisar unha escena sobre a que reflexionar e que xurdira das súas propias opinións.