Punto Violeta
Haiche que ver oh!! Sintoniza a
túa antena!!
Con motivo do 25N, contamos cun PUNTO VIOLETA proposto desde a área de Igualdade do Concello das Pontes.
Esta actividade dirixida por
Rebeca e Araceli pretendía desenvolver cun sinxelo xogo, unha acción de sensibilización sintonizando a
súa “antena” contra as violencias machistas. (Campaña HVO- Haiche que ver oh).
Ao alumnado que pasou polo Punto Violeta explicáronselle que é o Punto Violeta e, posteriormente, foi convidado a sintonizar a súa antena contra as violencias machistas”. Explicouselle que se trataba dun sinxelo xogo de sensibilización, e que por participar recibirán un agasallo.
Que plataforma utilizas para ver películas? Netflix, HBO, Prime video, Filmin, Apletv ...Imos presentarche unha nova plataforma: HVO...Escoitaches falar dela? As siglas significan “Haiche que ver oh!”.
Amosámoslle a ruleta á persoa ou grupo participante e pedímoslle que a faga xirar para escoller un xénero cinematográfico ao azar. A continuación, escollerase UNHA PELÍCULA (do xénero cinematográfico asignado ao azar) da plataforma de HVO que aparece no taboleiro do xogo. A ruleta ten 5 xéneros, a cor violeta non ten asignación de xénero cinematográfico, polo que si sae esa cor, é un privilexio: dámoslle a opción ao grupo de que escolla un xénero cinematográfico.
En función do xénero cinematográfico, escollemos nós a película que nos interesa, e pasamos a verificar se a persoa ou grupo participante ten sintonizada a súa antena contra as violencias machistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario