"Ao nomear o mundo en masculino e en feminino non só actuamos cunha maior equidade ao incluír sen exclusións uns e outras no escenario das palabras, senón tamén cunha maior exactitude e corrección, ao non ser posible designar ese mundo sen aludir á diferencia sexual entre homes e mulleres"
Benvid@s ao Blog de Igualdade do IES Plurilingue Castro da Uz. Con el pretendemos aumentar a sensibilidade e motivación por parte da comunidade educativa do centro cara os temas relacionados coa coeducación e a prevención de todo tipo de violencias hacia as mulleres, así como potenciar accións en materia de igualdade para poder visibilizar estereotipos sexistas.
martes, 20 de diciembre de 2022
Plan de Igualdade do IES Plurilingüe Castro da Uz
O Plan de Igualdade foi pensado inicialmente a dous anos vista, pero dado que a pandemia interrompeu algunhas das actuacións previstas, decidimos reformalo e amplialo a catro anos, polo que está deseñado para o periodo 2019 a 2022.
miércoles, 14 de diciembre de 2022
CONCURSO CARTACES 25 N
A Concellería de Igualdade do Concello de As Pontes convocou o I Concurso de Cartaces con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero 25N.
O obxecto da convocatoria foi sensibilizar á cidadanía na loita contra a violencia de xénero, instándoa a que non miren cara outro lado, desenvolvendo actitudes comprometidas na loita contra a violencia machista.
Os gañadores do concurso foron Teo Coeollo e Carlos Alvariño de 3º de ESO e recibiron das mans de Tania Pardo, Concelleira da Área de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude e Maca Rego, directora do CIM o seu merecido premio por este estupendo cartaz.
O xurado emocionouse ao descobrir que o cartaz elexido como gañador foi deseñado por dous nenos con NEE.
Destacamos o papel fundametal de María Galdo, coidadora dos nenos que co seu esforzo e dedicación consegue a integración e inclusión sexa posible.
lunes, 28 de noviembre de 2022
EXPOSICIÓN: CARTAS DE AMOR
No marco das actividades do 25N, varios grupos do noso alumnado gozaron coa exposición de cadros Cartas de Amor que o concello das Pontes depositou no IES Moncho Valcarce para ser visitada por toda a comunidade educativa da contorna.
Trátase dunha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas de fama como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala o Javier Olivares. A exposición pretende sensibilizar á xuventude sobre a existencia de violencia nas súas formas de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.
miércoles, 18 de mayo de 2022
OBRADOIRO SEXUALIDADE
Neste curso realizamos uns “OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL” dirixido a todo o alumnado da ESO e FP Básica. Foron impartidos pola sexóloga Jeane Costa, especializada en traballo coa adolescencia. Con este programa buscamos os seguintes obxectivos:
- Ofrecer ferramentas para promover unha sexualidade igualitaria, libre e sa.
- Sensibilizar ao alumnado e fomentar o pensamento crítico, achega da dimensión bio-psico-social da sexualidade e o feito sexual humano, construíndo e desenvolvendo actitudes de bo trato nas relacións afectivas, autocoñecemento, autocoidado e responsabilidade.
- Inclusión e respecto á diversidade
sexual, social e cultural.
Traballaron cunha metodoloxía activa, baseada no intercambio de ideas e no traballo persoal, creando un clima no que o alumnado participou transmitindo as súas propias emocións e preocupacións.
Foi todo un éxito!!
lunes, 9 de mayo de 2022
OBRADOIRO MÚSICA E IGUALDADE: "LAS ANTONIAS"
No noso centro celebramos o Obradoiro “MÚSICA E IGUALDADE” levado a cabo polo grupo musical “LAS ANTONIAS” que está enmarcado no Plan de Igualdade co que estamos comprometidos.
Estivo dirixido ao alumnado de ESO, FPB e CICLOS e tiña como obxectivo reflexionar sobre o machismo
inmerso nas letras das cancións ao longo da historia
O obradoiro tivo lugar ao longo de tres sesións.
O primeiro día, estudiamos algunhas letras de cancións de diferentes épocas.
Na segunda xornada, elaboramos estrofas dunha canción por grupos con temáticas diversas e sempre respectuosas.
miércoles, 9 de marzo de 2022
EXPOSICIÓN EXXPERIMENTA EN FEMININO
Esta semana contamos no vestíbulo do noso centro cunha exposición itinerante pertencente á campaña EXXPERIMENTA EN FEMININO proposta pola Universidade de Vigo. Está enmarcada dentro das actividades que temos programadas en relación co 8M, Día da Muller.
Con ela podemos coñecer a interesante vida e historia de mulleres que adicaron a súa vida á investigación e a ciencia.O obxectivo fundamental da exposición é divulgativo e de fomento das
vocacións científico-tecnolóxicas femininas no ámbito das profesións CTEM
(Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). A exposición xurde da
convicción de que hai unha falta de referentes femininos no campo da ciencia, a
tecnoloxía e as enxeñerías. A iniciativa pretende que nenas e nenos poidan
coñecer a presenza feminina nestes campos instaurándose así novos modelos
femininos.
viernes, 4 de marzo de 2022
OBRA DE TEATRO: "AS QUE LIMPAN"
O noso alumnado de 2º de ESO asistiu no teatro Alovi das Pontes á obra de teatro/comedia “AS QUE LIMPAN” da compañía A Panadaría coproducida co Centro Dramático Nacional.
As que limpan, fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Son As que limpan, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.
Este espectáculo que se desenvolve no marco das actividades relacionadas co 8M fai plantexarnos preguntas como: É posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero? Existe un turismo sostible? Quén limpa a casa da limpadora?
As que limpan non fala só das traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do solo mollado sobre o que camiñamos cada día.
Grazas ao Concello das Pontes por propoñer e subvencionar esta actividade tan interesante!!
lunes, 21 de febrero de 2022
OBRADOIRO VIOLENCIA DE XÉNERO: "HAI SAÍDA GRAZAS A TI"
O alumnado de 2º de ESO participou nun obradoiro e debate sobre Violencia de Xénero "Hai Saída Grazas a Ti” impartido por Elsa Rodríguez Prieto e proposto e financiado polo Concello das Pontes.
Resultou ser un taller moi necesario e produtivo.
sábado, 12 de febrero de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
No día INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, o noso alumnado da materia de Física e Química de 4° de ESO asistiu a un evento on line: ¡Fotónica en 5 minutos!
viernes, 28 de enero de 2022
CHARLA PLAN DIRECTOR- VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 1º e 2º de FP Básica (Informática de Oficina e Automoción), asistiu a unha charla sobre VIOLENCIA DE XÉNERO impartida pola Garda Civil enmarcada dentro do Plan Director para a mellora da seguridade nos Centros Escolares.