lunes, 10 de junio de 2024

PLATAFORMA INTERACTIVA ALGO ENTRE NÓS

No marco do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade desenvolvimos o programa  AlgoEntreNós, que  é un programa educativo de prevención da violencia machista no contexto das relacións afectivas heterosexuais de adolescentes que aposta polo bo-trato como alternativa para que a rapazada constrúa relacións libres de violencias machistas.

Trátase dun programa que  desenvolvimos mediante unha plataforma interactiva con recursos e materiais a través dos cales as tutoras de 1º e 2º de ESO  (Lucía e Sabela) dinamizaron  e acompañaron ao seu alumnado para que podan superar cinco retos. 

O programa está centrado no contexto das relacións afectivas cisheterosexuais de adolescentes. Así, aínda que o certo é que nos gustaría non centrarnos só nas rela-cións cisheterosexuais, con todo, e non querendo que sexa unha escusa, faise complicado abarcar todo o abano das parellas existentes e as posibles formas de vio-encia que poidan existir en cada unha delas.

O obxectivo deste programa foi dobre:

►Por unha banda, dotar ao profesorado de recursos e materiais centrados na pre-vención da violencia machista no contexto das relacións afectivas cisheterose-xuais.

►Por outra, lograr que o alumnado reflexione sobre o botrato como alternativa para ter relacións libres de violencia machista.

Propuximos aos grupos-clase participantes unha viaxe que se dividiu en cinco etapas, 5 RETOS a desenvolver na aula e empregando a plataforma web do programa como soporte. En cada unha delas o grupo deberá superar un reto que lle propoximos. Para facelo, a proposta tivo a súa base nas dinámicas de grupo que lles axudarán a repensar vivencias persoais e reflexionar sobre as relacións afectivas.



O 5º reto, último do programa. estivo pensado para acompañar o peche do programa. Así, durante o seu desenvolvemento repasamos o traballo feito e os retos superados e tamén propuximos un reto final que lles permitirá seguir a súa viaxe incorporando o botrato nas súas relacións.

Ademais de todo o traballo realizado ao longo dos 5 retos, ao rematar recibiron os seguintes documentos:

►A “maleta do botrato” . A partir da información extraída do último reto, obtivemos un póster dixital para a aula.

►Un informe individualizado de valoración e avaliación para cada grupo-aula. Este informe realizouse a partir da información que proporcionou o profesorado e o alumnado durante todo o programa.

►Unha sesión de avaliación conxunta xunto ao profesorado doutros grupos-aula para valorar os resultados de todo o programa






jueves, 9 de mayo de 2024

CHARLA- EXPOSICIÓN EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA

Educación en Feminino: Un Paseo pola Historia

O alumnado de 2º e 4º de ESO tivo a sorte de asistir á charla de Laura Ventura e Laura Carballeira, alumnas de 1º curso da Facultade de Formación de Profesorado do campus de Lugo-USC. Falaron sobre o proceso de creación da exposición de póster que temos no centro dende o día 8 de maio centrándose principalmente na figura de catro educadoras galegas. Logo fixeron una xogo de pistas recadando información dos 36 póster que conforman a mostra.



Cada póster dedícase integramente a unha educadora (ou a un colectivo de educadoras) do pasado ou do presente. Os póster foron elaborados por alumnado que acababa de comezar a súa andaina na Universidade.



A mostra continuará nos nosos corredores ata finais de mes co fin de reivindicar a figura feminina vinculada co ensino.



lunes, 22 de abril de 2024

EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO..... DILLE NON!!!

Á Violencia de Xénero…Dille Non!

Nestes días tivemos no noso centro, no marco do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”, unha exposición gráfica ilustrada dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato nas súas relacións.

Once paneis de 70 x 100 cm, amosan a través dunha selección de fotografías,  unha realidade social que só pode ser freada a través do rexeitamento colectivo. Nos carteis reflíctense formas de exercer a violencia que case sempre pasa desapercibida a quen a sofre, e nalgúns casos, tamén a quen a exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.






lunes, 18 de marzo de 2024

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E CONVIVENCIA NA AULA

 Obradoiros impartidos pola psicopedagoga e terapeuta Naiara González grazas á colaboración da Asociación Adiante das Pontes. Desenvolveuse ao longo de varias xornadas durante o curso escolar realizando intervencións tanto a nivel grupal como individual como con las familias, en concreto no grupo de 1º de ESO nel que temos unha gran diversidade e moito alumnado presenta NEE. 


                                                                                                              




viernes, 8 de marzo de 2024

8M: A NOSA BIBLIOTECA VÍSTESE DE VIOLETA

8M
A nosa biblio vístese de violeta para conmemorar o Día Internacional da Muller 

Creamos unha exposición con diferentes "puntos violeta" para destacar a figura de mulleres en moitos ámbitos e para achegarnos á temática feminista de formas moi variadas.

💜 Punto Violeta de Libros - con propostas como "#Wetoo-Tu Lucha, Mi Lucha: Brújula para jóvenes felinistas" de Octavio Salazar, "Senlleiras" de @yanezantia ou "Todos deberíamos ser feministas" de Chimamanda Ngozi Adichie.

💜 Punto Violeta de Xogos - Nobel Run, La espiral del tiempo feminista ou Feminismos reunidos.

💜 Punto Violeta de Películas - onde recomendamos exemplos como "Flashback", "Sufragistas", "O Corno" ou "Figuras ocultas".

💜 Punto Violeta de Frases e Hashtags - cos tan recoñecidos #metoo #niunamenos ou #xuntassomosmáisfortes

💜 Punto Violeta de Historias e Novas na prensa - facéndonos eco da actualidade como a condea a Dani Alves ou a violación grupal a unha muller na India.

💜 Punto Violeta de Música- onde ademais de escoller a música máis representativa, decidimos facer unha lista de reprodución para que amenice as nosas visitas á biblio.

💜 Punto Violeta dos Medios - con recomendacións de series, documentais e videoxogos con mulleres empoderadas que nos podan servir de inspiración.

💜 Punto Violeta de Deporte - lembrando a figuras tan relevantes como Alexia Putellas, @apeleteirob ou Mireia Belmonte.

💜 Punto Violeta para Compartir máis recomendacións, historias e para agradecer a tódalas mulleres que día a día nos inspiran.

💜 Punto Violeta do dpto. De francés @frances_castruz onde podemos atopar brazaletes con frases feministas en francés para decorar.

💜 Alfombra Violeta imitando o Paseo das Estrelas onde buscamos facer protagonistas a mulleres importantes da historia que traballaron en prol do feminismo (Emma Watson, Simone de Beauvoir, Virginia Woolf ou Malala).

Animámosvos a visitarnos e a lembrar, honrar e desfrutar o labor de todas estas mulleres que abriron camiño para as que vimos detrás 💜








jueves, 8 de febrero de 2024

XÉNERO EDUCA DINÁMICAS

Obradoiro: Educa Dinámicas

No primeiro trimestre do curso, realizamos unha vídeo conferencia con Joshua Alonso e Lorena Reboredo, responsables do equipo que desenvolveu o proxecto "Xénero Educa Dinámicas" pertencente a empresa Grupo Koremi.

Tras a primeira toma de contacto acordamos realizar o obradoiro de EDUCA DINÁMICAS no curso de 3º de ESO. Esta actividade que está enmarcada dentro do noso Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade desenvolveuse o 8 de febreiro e tivo como  obxectivo fomentar a igualdade de xénero realizando Dinámicas lúdicas nas que se pretendía conseguir que a desigualdade aparecera xogando, mediante a reflexión grupal e o protagonismo da rapazada.



martes, 19 de diciembre de 2023

ESPECTÁCULO TEATRAL: GOLPES

Obra de teatro: GOLPES

Neste día tivemos o pracer de contar no noso centro coa obra de teatro  GOLPES, un monólogo teatral contra a violencia machista presentado pola compañía galega aAntena e interpretado pola actriz Estíbaliz Veiga e Xosé Leis.

Con Golpes ponse en escena un relato cru e directo de como unha moza vai cedendo nunha relación de parella desigual ata atoparse fóra da súa personalidade.

Esta actividade foi dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO, e está enmarcada no Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade e ten como obxectivo principal a prevención da violencia de xénero no ámbito educativo.




viernes, 1 de diciembre de 2023

PUNTO VIOLETA

Punto Violeta

Haiche que ver oh!! Sintoniza a túa antena!!

Con motivo do 25N, contamos cun PUNTO VIOLETA proposto desde a área de Igualdade do Concello das Pontes.

Esta actividade dirixida por Rebeca e Araceli pretendía desenvolver cun sinxelo xogo,  unha acción de sensibilización sintonizando a súa “antena” contra as violencias machistas. (Campaña HVO- Haiche que ver oh).




Ao alumnado que pasou polo Punto Violeta explicáronselle que é o Punto Violeta e, posteriormente, foi convidado a sintonizar a súa antena contra as violencias machistas”. Explicouselle que se trataba dun sinxelo xogo de sensibilización, e que por participar recibirán un agasallo.


Que plataforma utilizas para ver películas? Netflix, HBO, Prime video, Filmin, Apletv ...Imos presentarche unha nova plataforma: HVO...Escoitaches falar dela? As siglas significan “Haiche que ver oh!”.



Como é unha plataforma de recente creación, interésanos a túa opinión sobre as películas que temos...Polo momento contamos con 5 xéneros cinematográficos.


Amosámoslle a ruleta á persoa ou grupo participante e pedímoslle que a faga xirar para escoller un xénero cinematográfico ao azar. A continuación, escollerase UNHA PELÍCULA (do xénero cinematográfico asignado ao azar) da plataforma de HVO que aparece no taboleiro do xogo. A ruleta ten 5 xéneros, a cor violeta non ten asignación de xénero cinematográfico, polo que si sae esa cor, é un privilexio: dámoslle a opción ao grupo de que escolla un xénero cinematográfico.



A plataforma conta cun total de 11 PELÍCULAS de distintos xéneros cinematográficos e, en cada unha delas, abordaremos unha situación que reflicte algunha forma das violencias sexuais.
En función do xénero cinematográfico, escollemos nós a película que nos interesa, e pasamos a verificar se a persoa ou grupo participante ten sintonizada a súa antena contra as violencias machistas.



jueves, 30 de noviembre de 2023

ANDAINA POLO DEREITO A SER NENA

No marco das actividades vencelladas ao 25N, realizamos unha Andaina Solidaria “Polo dereito a ser Nena”.

Esta actividade desenvolveuse en colaboración coa ONG Save The Children @savethechildren_es e está enmarcada en tres dos Plans Proxecta que desenvolvemos no noso centro: Pasaporte Solidario, Correspondentes Xuvenís e Por 365 días de Respecto e  Igualdade.

O chuvioso día non nos detivo, cubrímonos con roupa e paraugas e completamos o percorrido solidario como estaba previsto.