lunes, 10 de febrero de 2025

CICLO DE OBRADOIROS DO PROGRAMA ESPAZO EN FAMILIA



Ao longo deste curso, o concello das Pontes ofreceu ao centros educativos da contorna a oportunidade de gozar dun ciclo de obradoiros do programa Espazo en familia. Esta iniciativa estivo coordinada por Sofía Fernández e Tania Pardo e nela participaron os nosos nenos e nenas da ESO e da FP Básica. 

As sesións foron impartidas por Anabel e Yesica Bouza, que nos achegaron diversas informacións arredor das temáticas escollidas. Entre elas, destacamos algunhas de interese para este Proxecta, como foron as de Educación Afectiva. Quérome. Quérote, as de Pornografía Destrutiva ou aqueloutras sobre Violencia Sexual Dixital, todas elas ben proveitosas para o desenvolvemento social e afectivo do noso alumnado, en plena etapa adolescente e que precisa de ferramentas para desenvolverse neste contexto.