miércoles, 4 de diciembre de 2024

25N NO CASTRO DA UZ

Para comezar co noso traballo a prol da igualdade no curso 24/25, a comunidade educativa do IES Plurilingüe Castro da Uz conmemorou o 25N a través de diferentes actividades. Algunhas delas foron propostas polo Concello das Pontes no marco da súa campaña municipal Non as fagas invisibles. Afina a mirada. Entre elas destacamos o obradoiro Tarot Con-Sentimento para 3º e 4º da ESO, o Punto Violeta instalado no noso centro ou a formación da MCLCI a cargo de Shauri Molina, sobre a prevención da violencia de xénero en poboación adolescente, desde as liñas de axuda de ANAR. Ademais, o concello convocou un concurso de carteis para o 25N, sendo premiado o noso alumnado: Silvia Calvo e Sara López, de 4º ESO, recolleron o primeiro premio; mentres que Daniel Peña, de 1º ESO, quedou de primeiro finalista. 

Por outra banda, desde o propio centro, realizamos un recital poético de composicións arredor desta temática a fin de reivindicar o fin da violencia contra a muller. 

Aquí deixamos algunhas imaxes destas iniciativas: