lunes, 10 de junio de 2024

PLATAFORMA INTERACTIVA ALGO ENTRE NÓS

No marco do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade desenvolvimos o programa  AlgoEntreNós, que  é un programa educativo de prevención da violencia machista no contexto das relacións afectivas heterosexuais de adolescentes que aposta polo bo-trato como alternativa para que a rapazada constrúa relacións libres de violencias machistas.

Trátase dun programa que  desenvolvimos mediante unha plataforma interactiva con recursos e materiais a través dos cales as tutoras de 1º e 2º de ESO  (Lucía e Sabela) dinamizaron  e acompañaron ao seu alumnado para que podan superar cinco retos. 

O programa está centrado no contexto das relacións afectivas cisheterosexuais de adolescentes. Así, aínda que o certo é que nos gustaría non centrarnos só nas rela-cións cisheterosexuais, con todo, e non querendo que sexa unha escusa, faise complicado abarcar todo o abano das parellas existentes e as posibles formas de vio-encia que poidan existir en cada unha delas.

O obxectivo deste programa foi dobre:

►Por unha banda, dotar ao profesorado de recursos e materiais centrados na pre-vención da violencia machista no contexto das relacións afectivas cisheterose-xuais.

►Por outra, lograr que o alumnado reflexione sobre o botrato como alternativa para ter relacións libres de violencia machista.

Propuximos aos grupos-clase participantes unha viaxe que se dividiu en cinco etapas, 5 RETOS a desenvolver na aula e empregando a plataforma web do programa como soporte. En cada unha delas o grupo deberá superar un reto que lle propoximos. Para facelo, a proposta tivo a súa base nas dinámicas de grupo que lles axudarán a repensar vivencias persoais e reflexionar sobre as relacións afectivas.



O 5º reto, último do programa. estivo pensado para acompañar o peche do programa. Así, durante o seu desenvolvemento repasamos o traballo feito e os retos superados e tamén propuximos un reto final que lles permitirá seguir a súa viaxe incorporando o botrato nas súas relacións.

Ademais de todo o traballo realizado ao longo dos 5 retos, ao rematar recibiron os seguintes documentos:

►A “maleta do botrato” . A partir da información extraída do último reto, obtivemos un póster dixital para a aula.

►Un informe individualizado de valoración e avaliación para cada grupo-aula. Este informe realizouse a partir da información que proporcionou o profesorado e o alumnado durante todo o programa.

►Unha sesión de avaliación conxunta xunto ao profesorado doutros grupos-aula para valorar os resultados de todo o programa