lunes, 22 de abril de 2024

EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO..... DILLE NON!!!

Á Violencia de Xénero…Dille Non!

Nestes días tivemos no noso centro, no marco do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”, unha exposición gráfica ilustrada dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato nas súas relacións.

Once paneis de 70 x 100 cm, amosan a través dunha selección de fotografías,  unha realidade social que só pode ser freada a través do rexeitamento colectivo. Nos carteis reflíctense formas de exercer a violencia que case sempre pasa desapercibida a quen a sofre, e nalgúns casos, tamén a quen a exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.