Por outra banda, desde o propio centro, realizamos un recital poético de composicións arredor desta temática a fin de reivindicar o fin da violencia contra a muller.
Aquí deixamos algunhas imaxes destas iniciativas:Benvid@s ao Blog de Igualdade do IES Plurilingue Castro da Uz. Con el pretendemos aumentar a sensibilidade e motivación por parte da comunidade educativa do centro cara os temas relacionados coa coeducación e a prevención de todo tipo de violencias hacia as mulleres, así como potenciar accións en materia de igualdade para poder visibilizar estereotipos sexistas.
miércoles, 4 de diciembre de 2024
25N NO CASTRO DA UZ
lunes, 10 de junio de 2024
PLATAFORMA INTERACTIVA ALGO ENTRE NÓS
No marco do Plan Proxecta Por 365 días de respecto e igualdade desenvolvimos o programa AlgoEntreNós, que é un programa educativo de prevención da violencia machista no contexto das relacións afectivas heterosexuais de adolescentes que aposta polo bo-trato como alternativa para que a rapazada constrúa relacións libres de violencias machistas.
Trátase dun programa que desenvolvimos mediante unha plataforma interactiva con recursos e materiais a través dos cales as tutoras de 1º e 2º de ESO (Lucía e Sabela) dinamizaron e acompañaron ao seu alumnado para que podan superar cinco retos.
O programa está centrado no contexto das relacións afectivas cisheterosexuais de adolescentes. Así, aínda que o certo é que nos gustaría non centrarnos só nas rela-cións cisheterosexuais, con todo, e non querendo que sexa unha escusa, faise complicado abarcar todo o abano das parellas existentes e as posibles formas de vio-encia que poidan existir en cada unha delas.
O obxectivo deste programa foi dobre:
►Por unha banda, dotar ao profesorado de recursos e materiais centrados na pre-vención da violencia machista no contexto das relacións afectivas cisheterose-xuais.
►Por outra, lograr que o alumnado reflexione sobre o botrato como alternativa para ter relacións libres de violencia machista.
Propuxemos aos grupos-clase participantes unha viaxe que se dividiu en cinco etapas, 5 RETOS a desenvolver na aula e empregando a plataforma web do programa como soporte. En cada unha delas o grupo deberá superar un reto que lle propoximos. Para facelo, a proposta tivo a súa base nas dinámicas de grupo que lles axudarán a repensar vivencias persoais e reflexionar sobre as relacións afectivas.
sábado, 18 de mayo de 2024
jueves, 9 de mayo de 2024
CHARLA- EXPOSICIÓN EDUCACIÓN EN FEMININO: UN PASEO POLA HISTORIA
Educación en Feminino: Un Paseo pola Historia
O alumnado de 2º e 4º de ESO tivo a sorte de asistir á
charla de Laura Ventura e Laura Carballeira, alumnas de 1º curso da Facultade
de Formación de Profesorado do campus de Lugo-USC. Falaron sobre o proceso de
creación da exposición de póster que temos no centro dende o día 8 de maio
centrándose principalmente na figura de catro educadoras galegas. Logo fixeron
una xogo de pistas recadando información dos 36 póster que conforman a mostra.
Cada póster dedícase integramente a unha educadora (ou a un colectivo de
educadoras) do pasado ou do presente. Os póster foron elaborados por alumnado que
acababa de comezar a súa andaina na Universidade.
A mostra continuará nos nosos corredores ata finais de mes co fin de
reivindicar a figura feminina vinculada co ensino.
lunes, 22 de abril de 2024
EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO..... DILLE NON!!!
Á Violencia de Xénero…Dille Non!
Nestes días tivemos no noso centro, no marco do Plan Proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”, unha exposición gráfica ilustrada dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a chantaxe emocional e outras formas de maltrato nas súas relacións.
Once paneis de 70 x 100 cm, amosan a través dunha selección de fotografías, unha realidade social que só pode ser freada a través do rexeitamento colectivo. Nos carteis reflíctense formas de exercer a violencia que case sempre pasa desapercibida a quen a sofre, e nalgúns casos, tamén a quen a exerce por tratarse dun modelo normalizado pola cultura e a sociedade que cala con forza na adolescencia.
lunes, 18 de marzo de 2024
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E CONVIVENCIA NA AULA
Obradoiros impartidos pola psicopedagoga e terapeuta Naiara González grazas á colaboración da Asociación Adiante das Pontes. Desenvolveuse ao longo de varias xornadas durante o curso escolar realizando intervencións tanto a nivel grupal como individual como con las familias, en concreto no grupo de 1º de ESO nel que temos unha gran diversidade e moito alumnado presenta NEE.
viernes, 8 de marzo de 2024
8M: A NOSA BIBLIOTECA VÍSTESE DE VIOLETA
A nosa biblio vístese de violeta para conmemorar o Día Internacional da Muller
Creamos unha exposición con diferentes "puntos violeta" para destacar a figura de mulleres en moitos ámbitos e para achegarnos á temática feminista de formas moi variadas.
💜 Punto Violeta de Libros - con propostas como "#Wetoo-Tu Lucha, Mi Lucha: Brújula para jóvenes felinistas" de Octavio Salazar, "Senlleiras" de @yanezantia ou "Todos deberíamos ser feministas" de Chimamanda Ngozi Adichie.
💜 Punto Violeta de Xogos - Nobel Run, La espiral del tiempo feminista ou Feminismos reunidos.
💜 Punto Violeta de Películas - onde recomendamos exemplos como "Flashback", "Sufragistas", "O Corno" ou "Figuras ocultas".
💜 Punto Violeta de Frases e Hashtags - cos tan recoñecidos #metoo #niunamenos ou #xuntassomosmáisfortes
💜 Punto Violeta de Historias e Novas na prensa - facéndonos eco da actualidade como a condea a Dani Alves ou a violación grupal a unha muller na India.
💜 Punto Violeta de Música- onde ademais de escoller a música máis representativa, decidimos facer unha lista de reprodución para que amenice as nosas visitas á biblio.
💜 Punto Violeta dos Medios - con recomendacións de series, documentais e videoxogos con mulleres empoderadas que nos podan servir de inspiración.
💜 Punto Violeta de Deporte - lembrando a figuras tan relevantes como Alexia Putellas, @apeleteirob ou Mireia Belmonte.
💜 Punto Violeta para Compartir máis recomendacións, historias e para agradecer a tódalas mulleres que día a día nos inspiran.
💜 Punto Violeta do dpto. De francés @frances_castruz onde podemos atopar brazaletes con frases feministas en francés para decorar.
💜 Alfombra Violeta imitando o Paseo das Estrelas onde buscamos facer protagonistas a mulleres importantes da historia que traballaron en prol do feminismo (Emma Watson, Simone de Beauvoir, Virginia Woolf ou Malala).
Animámosvos a visitarnos e a lembrar, honrar e desfrutar o labor de todas estas mulleres que abriron camiño para as que vimos detrás 💜
jueves, 8 de febrero de 2024
XÉNERO EDUCA DINÁMICAS
Obradoiro: Educa Dinámicas
No primeiro trimestre
do curso, realizamos unha vídeo conferencia con Joshua Alonso e Lorena Reboredo,
responsables do equipo que desenvolveu o proxecto "Xénero Educa Dinámicas" pertencente a empresa Grupo Koremi.
Tras a primeira toma de
contacto acordamos realizar o obradoiro de EDUCA DINÁMICAS no curso de 3º de ESO.
Esta actividade que está enmarcada dentro do noso Plan Proxecta Por
365 días de respecto e igualdade desenvolveuse
o 8 de febreiro e tivo como obxectivo
fomentar a igualdade de xénero realizando Dinámicas lúdicas nas que se
pretendía conseguir que a desigualdade aparecera xogando, mediante a reflexión
grupal e o protagonismo da rapazada.