O noso alumando de 3º e 4º de ESO, asistiu no Auditorio Cine Alovi á obra de teatro AMANTIS- Selfies, sexting e outras formas de amar(se) da compañía REBORDELOS e proposta pola concellería de cultura do Concello das Pontes.
É unha comedia dramática que
aborda en tono de humor as temáticas da Igualdade, Masculinidades,
Adolescencia, Nativ@s dixitais, Brecha xeracional, Identidade…


A obra de teatro achegounos á adolescencia da chamada Xeración Z de forma entretida e próxima, procurando a identificación co personaxe protagonista e afondando máis alá do que vemos nunha primeira ollada ao asomarnos á realidade adolescente.